O pasado Domingo 27-5-2012 celebrouse nos Pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo de Burela, en xornada de mañá e tarde, a fase final da Copa da Mariña Tempada 2011-2012 cos seguintes resultados e clasificacións finais:
|
HORA |
CATEGORÍA |
GRUPO |
ENCONTRO |
RESULTADO |
|
10:00h |
ALEVIN |
—– |
ESC. CELEIRO FLANGANS F.S. – A.C.D. XOVE |
1-9 |
|
11:00h |
BENXAMIN |
Semifinal 1 |
C.D. BURELA F.S. A – A.D. PRAIA DE COVAS |
2-4 |
|
12:00h |
BENXAMIN |
Semifinal 2 |
A.D. SANTIAGO DE FOZ – ESC. CELEIRO FLANGANS F.S. |
4-1 |
|
|
||||
|
11:00h |
ALEVIN |
Semifinal 1 |
C.D. BURELA F.S. A – C.D. BURELA F.S. B |
6-0 |
|
11:50h |
ALEVIN |
Semifinal 2 |
A.D. PRAIA DE COVAS – E.D.M. BURELA |
3-1 |
|
12:40h |
ALEVIN |
—– |
A.C.D. XOVE – RIBADEO F.S. |
1-1 |
|
|
||||
|
16:00h |
BENXAMIN |
3º e 4º |
C.D. BURELA F.S. A – ESC. CELEIRO FLANGANS F.S. |
9-2 |
|
17:00h |
ALEVIN |
3º e 4º |
C.D. BURELA F.S. B – A.D. PRAIA DE COVAS |
5-3 |
|
18:00h |
INFANTIL |
Final |
C.D. BURELA F.S. – A.C.D. XOVE |
10-1 |
|
19:00h |
CADETE |
Final |
C.D. BURELA F.S. – ESCOLAS CELEIRO FLANAGANS F.S. |
11-0 |
|
|
||||
|
18:40h |
BENXAMIN |
Final |
A.D. SANTIAGO DE FOZ – A.D. PRAIA DE COVAS |
4-3 |
|
19:30h |
ALEVIN |
Final |
C.D. BURELA F.S. A – E.D.M. BURELA |
7-0 |
|
20:30h |
ENTREGA DE PREMIOS |
|||
CLASIFICACIÓN FINAL CATEGORÍA BENXAMIN
|
POSTO |
EQUIPO |
|
CAMPIÓN |
A.D. PRAIA DE COVAS |
|
SUBCAMPIÓN |
A.D. SANTIAGO DE FOZ |
|
3º CLASIFICADO |
C.D. BURELA F.S. A |
|
4º CLASIFICADO |
ESCOLAS CELEIRO FLANAGANS F.S. |
CLASIFICACIÓN FINAL CATEGORÍA ALEVIN
|
POSTO |
EQUIPO |
|
CAMPIÓN |
C.D. BURELA F.S. A |
|
SUBCAMPIÓN |
E.D.M. BURELA |
|
3º CLASIFICADO |
C.D. BURELA F.S. B |
|
4º CLASIFICADO |
A.D. PRAIA DE COVAS |
CLASIFICACIÓN FINAL CATEGORÍA INFANTIL
|
POSTO |
EQUIPO |
|
CAMPIÓN |
C.D. BURELA F.S. |
|
SUBCAMPIÓN |
A.C.D. XOVE |
|
3º CLASIFICADO |
C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO |
CLASIFICACIÓN FINAL CATEGORÍA CADETE
|
POSTO |
EQUIPO |
|
CAMPIÓN |
C.D. BURELA F.S. |
|
SUBCAMPIÓN |
ESCOLAS CELEIRO FLANAGANS F.S. |
Ás 20:30h. celebrouse a entrega de trofeos a cargo de:
→ALFONSO MERA RIO, secretario da ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA A MARIÑA
→JOZI DE OLIVEIRA, xogadora do C.D. BURELA F.S.F.
→MARCELO SANTORO “Neco”, director deportivo do C.D. BURELA F.S.
→EMILIO ROSANES, director deportivo de A.D. PRAIA DE COVAS
→JOSÉ LUIS RGUEZ, secretario da A.D. SANTIAGO DE FOZ
→JESÚS TIMIRAOS, coordinador ESCOLAS CELEIRO FLANAGANS F.S.
→JOSÉ RAMÓN LÓPEZ PENA, directivo da A.C.D. XOVE
A competición estivo organizada pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA A MARIÑA, contando coa colaboración da SECRETARÍA XERAL DO DEPORTE.























A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
