O persoal do IES de Foz (profesorado, conserxes, limpadoras…) está asistindo estes días a un curso para coñecer o uso do desfibrilador. Na xornada de hoxe puideron ver as técnicas de “RCP”: Reanimación Cardiopulmonar e despois de asistir a unha charla tiveron prácticas con bonecos onde puideron aplicar os coñecementos adquiridos. O IES de Foz é o único instituto da provincia de Lugo que vai contar cun desfibrilador.
