A ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA “PENALBA-COLECTIVO CHILINDRÍN” TEN A HONRA DE ANUNCIAR A CELEBRACIÓN DO VII FESTIVAL ARREAOCABO 2012. SON XA 7 ANOS DE HISTORIA DUN FESTIVAL QUE COMEZOU COA ILUSIÓN DUNS RAPACES DE CELEIRO, DE CONTAR COAS MELLORES BANDAS DE ROCK DO PANORAMA GALEGO E ESTATAL NO SEU POBO. O OBXETIVO CUMPRIUSE E O FESTIVAL ARREAOCABO, ATÓPASE TOTALMENTE CONSOLIDADO NO NORTE DE GALICIA, COMO UN DOS REFERENTES NO VERÁN GALEGO. O ÉXITO NA ORGANIZACIÓN DO EVENTO, ASÍ COMO NA PARTICIPACIÓN DE PÚBLICO NOS ÚLTIMOS ANOS, CONSOLIDAN UN PROXECTO DA ACD PENALBA-COLECTIVO CHILINDRÍN, ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO, QUE SÓ TEN POR OBXETIVO FACER DISFRUTAR A XENTE DE CELEIRO, VIVEIRO E DO NOSO ENTORNO DUNHA NOITE DE BOA MÚSICA SOBRE O ESCENARIO DO PARQUE DE LAVANDEIRAS.
OS SEGUIDORES DO ARREAOCABO MERECÍAN COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, QUE LOGO DE SETE ANOS, A MELLOR BANDA DE ROCK GALEGO DE TODA A HISTORIA ESTIVESE ACTUANDO NO FESTIVAL. POR ISO ESTE ANO O SÁBADO 21 DE XULLO DE 2012 NA EXPLANADA DE LAVANDEIRAS EN CELEIRO, A ORGANIZACIÓN FAI UN ENORME ESFORZO E A CABEZA DE CARTEL DO FESTIVAL SERÁ A MÍTICA BANDA GALEGA “HEREDEIROS DA CRUS”, NA SÚA XIRA 20 ANIVERSARIO, CO ÚNICO CONCERTO CONFIRMADO NA PROVINCIA DE LUGO, A ELES SE SUMARÁN EN BREVE PRAZO DE TEMPO OUTRAS TRES BANDAS PENDENTES DE CONFIRMACIÓN, QUE COMPLETARÁN O CARTEL DESTA SÉPTIMA EDICIÓN.
O VII FESTIVAL ARREAOCABO, CONTARÁ COMA EN ANOS ANTERIORES, CON AMPLIA ZONA DE APARCAMENTO, ZONA DE ACAMPADA GRATUITA E ZONA DE MERCADO. AS PORTAS ABRIRANSE ÁS 21 HORAS E O INICIO DAS ACTUACIÓNS SERÁ ÁS 22 HORAS DO SÁBADO 21 DE XULLO DE 2012.
A ENTRADA AO RECINTO, QUE CONTARÁ CON AFORO LIMITADO, SERÁ EN VENTA ANTICIPADA A 10€, E EN TAQUILLA O MESMO DÍA DO FESTIVAL A 15€. A VENTA ANTICIPADA REALIZARASE A PARTIR DE MAÑÁ XOVES 3 DE MAIO, A TRAVÉS DA REDE DE VENTA DE TICKETMASTER, NA WEB WWW.TICKETMASTER.COM, E NOS ESTABLECEMENTOS CARREFOUR, EN FNAC, E NAS OFICINAS DE HALCÓN VIAJES. ADEMAIS PÓDE REALIZARSE POR TELÉFONO NO NÚMERO 902150025, OU A TRAVÉS DA TAQUILLA ONLINE DE NOVAGALICIA BANCO.
EN CELEIRO, A 2 DE MAIO DE 2012
+info festival:
www.facebook.com/festivalarreaocabo
www.myspace.com/festivalarreaocabo
www.festivalarreaocabo.com Activa en breve.
www.heredeirosdacrus.com
BIOGRAFÍA HEREDEIROS DA CRUS
Francisco Javier Vazquez Maneiro “Javieriño” – Jarjanta (voz)
Antonio Novo Suárez “Tuchiño” – Tumba brajas solista (guitarra solista)
Antonio Ageitos Ares “Toñito de Poi” – Sachadora ritmica (guitarra rítmica)
Francisco Javier Velo Cambeiro “O Jran Fran Velo” – Brajista (baixo)
Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, ‘A Cuadrilla de Pepa a Loba’, un álbume que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como ‘Quero josar’ ou ‘O fillo de José’. Beni, alias ‘o fillo de Ampartio’ era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias ‘Trelles’ (no disco Chicarrón) e Manu para a xira de 2012.
As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse
Logo de converterse nun dos grupos insgina do Xabarín Club –o mítico programa infantil da TVG para o que gravaron temas e videoclips hoxe históricos como Que jallo é ou Íscalle Lura –, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos) por toda Galicia e parte do estranxeiro (chegaron a actuar en Londres e Nova York), en 1996 edítase o segundo disco de Heredeiros da Crus: Está que te cajas!!, con temas emblemáticos como ‘O teu fillo fuma porros’, a melancólica ‘A chaqueta de lana’ ou Frenaso no calsonsillo’, unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.
En 1997 os Heredeiros publican dous traballos: ‘Criatura’, un EP de cinco temas (entre eles, outro himno: ‘Non quero nada de ti’) e ‘Des Minutos’, no que empezan a versionar cunha exitosa versión do ‘My Sharona’, que eles titularon ‘Vaiche boa’. O seguinte álbume publicouse dous anos despois, en 1999, baixo o título ‘Erecsiones munisipales’: un disco que por primeira vez conta con outros instrumentos e sonoridades como os metais nalgunhas pezas.
Un ano despois, en 2000, Heredeiros da Crus publican o seu sexto disco, un dobre álbume gravado en directo, titulado ‘All right Chicago” (que converteu a Heredeiros na primeira banda galega en editar un disco en directo), no que se pode apreciar a potencia do grupo de riba dos escenarios, un lugar onde todo é posible: disfraces, improvisacións, lanzamento de obxectos, colaboracións do público, mesmo stripteases…
Logo de catro nos que, entre outros proxectos, editaron un disco de versións baixo o nome de ‘Recambios Tucho’ (2001), en 2004 publicaron o seu sétimo (e último) disco como Heredeiros da Crus: ‘Chicarrón’, un traballo con sons máis pausados que incluía un dvd con material extra (unha iniciativa tamén pioneira na música en galego ).
En 2005, o grupo retírase dos escenarios e cada un dos heredeiros inicia os seus propios proxectos musicais: Javi funda o grupo Jabon Blue coa colaboración de Tucho (unha formación de rock contudente que xa vai camiño do seu cuarto disco), Tonhito fai o mesmo con A Banda de Poi (un vangardista proxecto galaico-portugués), Fran participa na banda acústica Mustang…
En 2012, cando se cumpren 20 anos daquel primeiro concerto na Dorna, os Heredeiros da Crus, os máis jrandes, volven aos escenarios para dalo todo.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



