O EQUIPO REDACTOR DO PXOM ESTIMA QUE UN NÚMERO CONSIDERABLE DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS AO DOCUMENTO PODERÍAN SERVIR PARA MELLORALO. HOXE REMATOU O PERÍODO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA E FORON 311 AS PLANTEXADAS.
Burela, 8 de maio de 2012. Trescentas once foron as alegacións presentadas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Burela nos dous meses que estivo a exposición pública. Ese período rematou hoxe e agora o documento segue a súa tramitación, segundo ven de sinalar o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor indicou que “esperábamos máis alegacións, non polo plan en sí mesmo, senón polo volumen de poboación de Burela e pola complexidade do termo municipal”. E engadiu que “o equipo redactor, nun primeiro vistazo, estima que un número considerable de ditas alegacións poderían servir para mellorar o documento, e eso era un dos obxectivos que pretendían”.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal segue agora a súa tramitación, “hai que contestar todas as alegacións, a pesares dalgún comentario suspicaz, e serán tidas en conta aquelas que axuden a mellorar o plan ou que subsasen erros que poden aparecer no documento. Ademáis seguimos á espera de recibir os informes máis importantes, que son os que teñen que emitir administracións coma Fomento ou Portos de Galicia. Un dos últimos recibidos é o de FEVE, e salvo dous ou tres pequenos matices é favorable ao PXOM”, dixo González Barcia.
Xunta seguridade
O Concello foi escenario esta mañá dunha reunión da xunta local de seguridade, que presidiron o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde burelés. No encontro falóuse de intensificar a colaboración dos efectivos de seguridade cidadá. González Barcia manifestou que “as relacións entre a Policía Local e a Garda Civil son fluidas e boas, proba delo é que de vez en cando celebran xuntanzas de coordinación en épocas especiais como poden ser o nadal, as festas, etc…”