“ACD PENALBA presenta a XV Edición da Festa da Merluza e solicitará a denominación de Festa de Galicia de Interese Turístico”
“Celeiro repartirá máis de 2000 racións de merluza do pincho de Celeiro en seis especialidades”
O día 7 de xullo a partires das 21:00 horas na lonxa vella do peirao norte de Celeiro celebrarase a XV Edición da Festa de Exaltación da Merluza do Pincho de Celeiro.
Dende 1997 veuse celebrando esta festa gastronómica que ano a ano reúne a moita xenta da bisbarra e turistas.
Cerca de 70 persoas do pobo colaboran na infraestructura, montaxe e preparación da festa, sin os cales non sería posible.
A festa consiste na degustación da merluza nas seguintes especialidades: ESPECIAL PENALBA, Á GALEGA, EN SALPICÓN, EN CALDEIRADA, EN SALSA VERDE E EN EMPANADA.
A merluza é pescada por barcos do Porto de Celeiro de xeito tradicional ao anzol nas augas do Gran Sol. Lembrar que a merluza do pincho de Celeiro incorporouse no ano 2003 á denominación “Galicia Calidade”, conveirtíndose no primeiro producto fresco do mar amparado en España por unha marca de garantía.
A ACD PENALBA de Celeiro solicitará á Xunta de Galicia a Declaración da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Mañá iniciaranse os trámites instando ao Concello de Viveiroa a acordar en Pleno o apoio á ACD PENALBA de Celeiro para a Declaración da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro como Festa de Interese Turístico de Galicia.
A Festa da Merluza rematará cunha queimada gratuita e un baile amenizado polo grupo Augamarina e o Djkanu.
A organización agradece a axuda e colaboraicón de Puerto de Celeiro, a Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, Concello de Viveiro e a todos os colaboradores.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



