A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA” CELEBRA SAN XOAN:
Hoxe, adiantouse o San Xoan ós dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral cos que conta a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”.
Tódolos participantes nesta festa puideron saltar a fogueira, e queimar os seus desexos no lume desta. A posteriori tiñeron música e degustaron pratos típicos desta festa.
No caso do Centro de Rehabilitación Psicosocial de Ribadeo, subiron a facer a festa ó Mirador de Santa Cruz, e no caso do Centro de Burela, puideron facer a festa no propio centro e na finca anexa.
Esta actividade redunda na melloría terapéutica dos nosos usuarios xa que participan activamente, e integranse nas tradicións de toda a comunidade.
Aproveitando a ocasión, e loitando contra o estigma social, gustaríame facer mención a que as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, con un tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ousexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, loita polos dereitos das persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica , ademáis de por mellorar a calidade de vida de todas elas e das súas famílias.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



