RAQUEL ARIAS AFIRMA QUE NO MESMO TEMPO QUE LEVA GÓMEZ BESTEIRO POLEMIZANDO COAS MINIRESIDENCIAS, A XUNTA CREOU NA PROVINCIA DE LUGO PRETO DE 500 PRAZAS EN RESIDENCIAS E CENTROS DE DÍA
A delegada territorial comunica que a Xunta si autoriza a posta en marcha das residencias, pero insta ao presidente da Deputación a corrixir a solicitude e deixarse de “manobras dilatorias utilizando unha fórmula que sabe que é inviable”
Explica que, se ten vontade de facelo, pode solventar o trámite “esta mesma mañá” poñendo a solicitude a nome do organismo provincial, que si é prestador de servizos sociais en coordinación coa Administración autonómica, e non de Suplusa, como leva insistindo
Lugo, 1 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, sinalou hoxe que “no mesmo tempo que Gómez Besteiro leva anunciando e polemizando co asunto das miniresidencias, a Xunta de Galicia creou 372 novas prazas en residencias públicas e 110 en centros de día en distintos puntos da provincia. E agora mesmo ten outras dúas residencias en licitación”.
A delegada invitou ao presidente da Deputación Provincial a resolver os supostos obstáculos que atopa para a posta en marcha de residencias “esta mesma mañá”, corrixindo a solicitude que presentou a nome de Suplusa e remitíndoa de novo a nome da propia Deputación Provincial, “porque a Deputación ten entre as súas competencias a prestación de servizos sociais en coordinación coa Administración autonómica, e polo tanto si está inscrita no Rexistro Único de entidades prestadoras de servizos sociais”.
É dicir, simplemente -insistiu Arias- “ten que solicitalo nos termos que recollen as leis, entre elas a de Servizos Sociais que e o propio PSOE e o BNG aprobaron no ano 2008”.
“Isto sábeo perfectamente, ou debería sabelo, o presidente da Deputación. O acontecido en relación a este tema fainos pensar que, tal vez, non ten ningún interese en que a Deputación poña en marcha ningunha residencia na provincia”, afirmou Arias, quen instou a Gómez Besteiro a deixarse de “manobras dilatorias como é utilizar unha fórmula que sabe que é inviable”.
“A Xunta non vai a entrar no xogo do señor Besteiro”, anunciou. “Nós seguimos a ofrecer a nosa leal colaboración para traballar en beneficio dos lucenses; nós non queremos gastar tempo e enerxías en estériles batallas con outras administracións, precisamente nun momento en que a colaboración entre institucións é totalmente imprescindible para os cidadáns”.
“Suplusa –engadiu a delegada- é unha sociedade creada na época de Francisco Cacharro para poñer en marcha polígonos industriais, e polo tanto non pode xestionar residencias, a non ser que Besteiro considere que botar alquitrán é o mesmo que atender a persoas maiores”.
Arias explicou que a Deputación sabía que Suplusa non podía construír estas residencias. Este organismo intentou a inscripción no “Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais” o 31 de marzo do 2011. Quince días despois, o 14 de abril, a Consellería de Traballo e Benestar comunicoulle que non era posible, porque os seus fins non eran a prestación de servizos sociais. Suplusa non presentou recurso. “Sorprendentemente –incidiu a delegada- un ano despois, o 18 de abril de 2012, Besteiro insiste na idea, cando xa sabe que a fórmula é imposible”.
Raquel Arias censurou a práctica “habitual, desleal e hipócrita” de Gómez Besteiro de tomar unilateralmente decisións nas que logo pretende vincular a outras administracións, para finalmente “actuar unicamente botando balóns fóra ante a súa incapacidade para xestionar e a súa negativa a negociar con outras administración, especialmente coa Xunta”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



