A DEPUTACIÓN ACHEGA 25.000 PARA O FUNCIONAMENTO DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO
Esta achega vai na liña do compromiso que ten a Área de Cultura da Deputación cos conservatorios de música municipais da provincia (Viveiro, Vilalba e Monforte)
Mario Outeiro asinou o convenio por importe de 25.000 euros co alcalde de Viveiro, Melchor Roel
Lugo, 14 de xuño de 2012. O delegado das Áreas de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, asinou un convenio co alcalde de Viveiro, Melchor Roel, mediante o cal a Deputación de Lugo aportará 25.000 euros para o funcionamento do Conservatorio de Música de Viveiro, mantendo así o compromiso económico acadado en anos anteriores.
Segundo explicou Mario Outeiro, “este convenio sitúase no marco de colaboración que a Área de Cultura da Deputación de Lugo mantén cos conservatorios de música de titularidade municipal, como son o caso de Viveiro, Vilalba e Monforte de Lemos, que lembremos que están a sufrir unha situación comprometida”, como indica o feito de que o goberno municipal de Vilalba plantexase recentemente recortar os seus servizos e horarios para aforrar custes.
O conservatorio de Viveiro ten no actual curso 340 alumnos e alumnas de toda a comarca da Mariña, e incluso da comarca de Ortegal, que reciben formación musical por parte de 20 profesores e profesoras. Non obstante, o seu mantemento supón un forte compromiso económico por parte do Concello de Viveiro e, debido a isto, as matrículas do alumnado son sensibelmente máis caras que noutros conservatorios públicos.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



