Besteiro anuncia que a Deputación demandará ós Gobernos do PP un “trato preferente” na tarifa para asegurar os empregos de Alcoa
– O Presidente advertiu que “a Xunta e o Goberno Central deben darlle a este asunto a importancia que require porque en Lugo perigan 1.200 traballos e 700 empresas auxiliares”
– A Xunta de Goberno aprobará mañá unha declaración institucional, instando ós Executivos populares a actuar de xeito inmediato, definindo un marco regulador do prezo da enerxía
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este xoves que o Goberno Provincial demandará inmediatamente á Xunta e ó Executivo Central un “trato preferente” para Alcoa ó respecto da súa tarifa eléctrica co obxectivo de manter a competitividade e a actividade da que é a principal empresa da provincia luguesa.![]()
Gómez Besteiro advertiu que “a Xunta e o Goberno Central deben darlle a este asunto a importancia que require xa que están en perigo 1.200 postos de emprego directos en Lugo, o triple que na factoría da Coruña, así como preto de 700 empresas auxiliares. É un tema que nos preocupa de xeito extraordinario na provincia porque de non mellorar as condicións da tarifa eléctrica, corremos o risco de que Alcoa peche as súas portas tal e como anunciou o presidente deste grupo en España. Insisto, os Gobernos do PP non deben deixar este asunto”.
Por este motivo, o titular provincial avanzou que a Xunta de Goberno de mañá aprobará unha declaración institucional para que ditas administracións, con competencias directas nesta materia en Galicia e España, actúen de xeito inmediato, definindo un marco regulador do prezo da enerxía para Alcoa.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



