A Deputación secunda a conmemoración do cumio de desenvolvemento sostible Río+20 difundindo a riqueza das Reservas
– A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, abriu a xornada de actos, na que participaron medio cento de integrantes dos Órganos de Participación de Terras do Miño e Os Ancares
– Lugo é a única provincia galega e unha das seis españolas incluídas no programa do Ministerio de Medio Ambiente para conmemorar o encontro que Nacións Unidas celebrou en Río de Janeiro os últimos 10 días
A Deputación de Lugo secundou este luns a conmemoración do cumio de desenvolvemento sostible Río+20 organizando unha xornada para difundir a riqueza e recursos das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, abriu a xornada de actos recibindo no Pazo de San Marcos ó medio centro de integrantes dos Órganos de Participación destes espazos naturais que participaron no encontro, consistente nunha disertación a cargo do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago sobre a figura das Reservas e as características das de Terras do Miño e Os Ancares, así como unha ruta de Km0 por ámbolos dous espazos naturais. Deste xeito, trala recepción en San Marcos, onde tivo lugar a conferencia, na que tamén participou Antonio Iglesias Becerra, o secretario do IBADER, os participantes visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño, no paseo lucense do Rato; a fábrica de embutidos Suarna de Navia; o propio núcleo de Navia; Piornedo; a palloza do Sesto e a igrexa de Donís.
Lugo é a única provincia galega e unha das seis españolas incluídas na programación do Ministerio de Medio Ambiente para secundar o encontro Río+20, celebrado en Río de Janeiro durante os últimos 10 días por Nacións Unidas para conmemorar o 20º aniversario do histórico Cumio da Terra, que tivo lugar no ano 92 tamén na cidade brasileña, e no que se acuñou o termo desenvolvemento sostible e se tomaron decisións para combater o cambio climático, a perda de biodiversidade e a desertificación.
A Vicepresidenta Segunda cualificou Lugo como “o pulmón verde de Galicia”, algo que certifican datos como “o publicado esta mesma fin de semana con motivo do Salón Monográfico Forestal –Galiforest 2012-, segundo os que Lugo conta coa maior superficie forestal da comunidade galega, cun 34%”. Ademais, máis da metade do territorio da provincia está declarado como Reserva da Biosfera pola UNESCO, concentrando tres dos cinco destes espazos naturais que existen na comunidade galega.
Plan de Acción das Reservas
Destacou así mesmo que dende a Deputación de Lugo “levamos cinco anos traballando intensamente para que o medio ambiente sexa a oportunidade económica de Lugo, e neste camiño queremos avanzar da man de toda a sociedade, de tódolos lucenses”. De aí, engadiu, “a vital importancia” da colaboración que prestan os colectivos sociais e profesionais integrados nos Órganos de Participación de Terras do Miño e Os Ancares, constituídos hai 7 meses, pois estas entidades están axudando a detectar as necesidades das Reservas de cara á elaboración, este mesmo ano, dun Plan de Acción que determine as estratexias futuras a levar a cabo nestes espazos para garantir un desenvolvemento sostible, a nivel social e económico. Os Órganos de Participación serán de feito os primeiros e coñecer dito plan “para que poidan incorporar melloras e suxestións co fin de contribuír entre todos a deseñar o mellor futuro para Terras do Miño e Os Ancares”, explicou Lara Méndez.
A Vicepresidenta Segunda e responsable da área Emprego, Economía Sostible e Demografía lembrou que, ademais das xestión das Reservas, a Deputación desenvolve numerosas actuacións para consolidar o medio ambiente como alternativa económica de Lugo, tales como o programa Km0; as primeiras becas medioambientais Lug02, a formación de guías medioambientais especializados nas Reservas ou Plan Integral Agropecuario e Forestal.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



