O AUDITORIO HERNÁN NAVAL ACOLLERÁ O SÁBADO POLA TARDE O TRADICIONAL FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA.
Ribadeo, 21 de xuño de 2012. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrará este sábado, 23 de xuño, ás 19.00 horas no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional festival fin de curso.
Por riba do escenario pasarán un total de nove agrupacións formadas por alumnas e alumnos de centro que desta volta nos farán viaxar, a través da música e a danza, aos anos 60, 70 e 80. Temas de grupos clásicos coma El Consorcio, BoneyM, Los Bravos ou os Village People xúntanse con pezas de solistas que foron números un no seu momento: dende Nino Bravo a Concha Velasco ou Gloria Gaynor, pasando polos ritmos que fixo famosa a película Fama.
O director da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, anima á xente vencellada ao centro e máis a todas e todos aqueles que gusten da música “a participar nun festival que un ano máis volve ser especial porque de novo ten un fío condutor, desta volta histórico, que nos aproximará, da man da música e máis da danza, ao que aconteceu nas décadas dos 60, 70 e 80”.
Con esta actividade, a EMMeD de Ribadeo pecha un curso 2011-12 do que García Presno fai un balance “moi positivo e agradece por elo o traballo e o esforzo realizado polas profesoras e profesores do centro, pola Concellaría de Cultura e, por riba de todo, polas alumnas e alumnos do centro”.
A EMMeD de Ribadeo contou neste ano académico que remata con 300 alumnos e alumnas matriculados. Durante esta semana e ata o 29 de xuño está aberto o prazo de matrícula para quen desexe continuar estudos, en horario de 16.00 a 20.00 horas; as matrículas novas poderán efectuarse entre os días 1 e 15 de xullo entre as 10.00 horas e as 13.00 horas.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



