A política do tu máis e do tu tamén
Vaia lío se montou esta semana coa publicidade da vicepresidencia primeira da Deputación na prensa, parece que pagada en parte polo BNG de Foz. Pasaría desapercibida si non chega a difundila o PP levándoa a Fiscalía.
Non podía ser menos, o de pasar desapercibida. Tres planas en tres periódicos un único día. De ignorantes. Unha pésima inversión, cun ridículo impacto, que din resultou ser estratexia do bloque, a cambio de algo máis de 4 mil euros de nada. Toda unha ganga. Sóbranlle.
Ao final nada, a publicidade non era da Deputación, era do BNG, había un erro de deseño, saía o logo da Deputación onde debía saír o logo do BNG, e pagouna este partido o mesmo día ou ao día seguinte de saír publicada. Iso chamase efectividade.
A chapuza parece que non é para tanto lío. Seica o PP e o PSOE teñen feito cousas similares, pero con menos chapuza. Así que todo amañado, igual que os outros, aplicando a política do tu máis e do tu tamén. Coa estratexia do todos iguales. Canta incoherencia!!. Nada xustifica que alguén roube polo feito de que o veciño sexa un caco. Nada xustifica malversar porque outros o fagan. Nada xustifica mentir porque tamén menten outros.
O tema da publicidade da Deputación que era do BNG é a actitude nacionalista deixan ao descuberto a falla de formación, inexperiencia, carencia de habilidades e a torpeza do dubidoso estratega, responsable local na escuridade e asalariado da Deputación. Neste caso nada semella crible, nin a iniciativa, nin o primeiro desenlace do lío.
Sería crible coa dimisión do escuro estratega. Nada xustifica que non dimita, que non se vaia, que siga entorpecendo o camiño ao futuro, pensando so no seu ben. Máxime cando leva acadados todos os fracasos posibles indo polo camiño do atraso. Aquí sobra e é un problema, incluso para os lacaios que o rodean, aplauden e non se atreven a contradicir.
Nunca pertencín a esa organización, coa que si colaborei dende 1982, porque non era como as demais e representaba intereses cos que coincido, polo que impórtame e aféctame.
Agora voume de onde nunca estiben porque eu sigo sen ser como os demais. Non podo colaborar cunha organización na que admiten tipos como o estraega, ademais non creo o da publicidade, non creo o do erro, non creo o das facturas e, dende sempre, desconfío e non creo no estratega, lacaio en Compostela, polo seu ben.
Xosé Rego