ACD.XOVE-SENDEIRISMO EN MOLINASECA (León)
O pasado domingo día 17, 48 camiñantes do grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazaronse a Molinaseca (León) para facer a Ruta “Las Puentes de Malpaso”. e parte do Camiño de Santiago dende a aldea de Riego de Ambrós a Molinaseca. En total 12 km. de ruta espectacular, nunhas poboacions de gran tradición Xacobea. A continuacion visitaron o fermoso pobo de Molinaseca e a cidade de Ponferrada.
A próxima camiñata será o domingo día 1 de Xullo, para facer a ruta de “Os Peiraos” entre San Andrés de Teixido e Cedeira (A Coruña)