DESDE HOXE E ATA O VINDEIRO 24 DE XUÑO UNHA TREINTENA DE COMERCIOS E LOCAIS DE HOSTALERÍA FOCENCES ADMITIRÁN OS PAGOS CON PESETAS. PAGA CON PESETAS É O NOME DESTA NOVA CAMPAÑA QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS.
Foz, 11 de xuño de 2012. Hoxe da comezo a campaña Paga con pesetas que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. Nunha treintena de comercios e locais de hostalería será posible facer os pagos con esa moneda ata o vindeiro 24 de xuño.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, explicaba hai uns días que “nesta nova iniciativa vánse admitir os pagos das compras en pesetas. Hai xente que aínda conserva cartos nesta moneda e queremos que os poidan empregar no noso comercio ou na hostalería local”. Paleo lembra que “é a primeira vez que a Asociación de Comerciantes de Foz fai unha campaña destas características. O obxectivo é animar as ventas nestas semanas anteriores ao inicio da temporada estival”.
Os establecementos participantes na campaña Paga con pesetas son: Decoraciones Pura, S.L., Milar Electrofoz, Arrullos, Chinela, Pi-R Hombre, Ginzo Hombre-Mujer, María Docampo, La Flor Abulense 2, Ofifoz, Suministros Veipa, Centro Óptico Eliseo, Belianorte (Cenor), Electricidad Núñez, Viajes Rodríguez, Anduriña, A Bolera, Acuario, Dallas, Dandy, Leyton, O Rincón de Anita, O Taco, A Funcional, As Brasas, Portochico, O Náutico, A Maseira, A Rula e A Viña.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



