Defender o indefendible
ESTA SEMANA, XUSTO CANDO SE CUMPRE UN ANO tras as últimas eleccións municipais, os edís do PP na corporación de Xove aprobaron en solitario a modificación do regulamento do Servizo de Axuda no Fogar, o que implicará un considerable incremento dos prezos desta prestación asistencial. Deste xeito, o noso concello vese fondamente afectado por unha decisión política do goberno da Xunta que, por decreto, decidiu excluírnos do seu financiamento simplemente por termos menos de 20.000 habitantes.
Na práctica, o que fai Feijóo con esta nova escusa de mal pagador é trasladarlle ao noso concello unha competencia sen sufragar gasto ningún. É dicir, o goberno galego obríganos a garantir uns servizos sociais comunitarios con cargo ao orzamento municipal, cando é a Xunta quen dispón de máis marxe de manobra e recursos para afrontar este tipo de políticas. Aínda que todo isto non comeza aquí, xa que as axudas autonómicas xa foron recortadas anos atrás. Para Xove, no 2010, o goberno do PP na Xunta destinou 53.439,48 euros ao Servizo de Axuda no Fogar Básico; mentres que o goberno do BNG na Deputación achegou 118.669,70 euros. E no ano 2011 o executivo de Núñez Feijoo destinou 13.600,02 euros, mentres que a Área de Benestar Social de Antonio Veiga asignou unha partida de 40.485,00 euros.
Pero isto non é todo. Nunha reunión convocada polo vicepresidente nacionalista da Deputación de Lugo á que asistiron os alcaldes de toda a provincia, unha das voces que defendeu con máis entusiasmo o recorte deste servizo público foi a do propio alcalde xovense. Esta actitude de submisión do PP local, non só aceptando, senón facendo seus os ditados feijonianos, é moi grave debido á excepcionalidade deste servizo no noso municipio. Unha postura incomprensible que só se pode cualificar de desleal coas persoas prexudicadas: 215 usuarios do servizo en Xove, 5 profesionais que veñen desenvolvendo este traballo desde o Concello e 43 empregadas da empresa Coidados S.L., que presta o Servizo de Axuda no Fogar en réxime de concesión.
Marco López
Portavoz do BNG de Xove
14/06/2012



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



