Máis dunha vintena de embarcacións de todo tipo participaron na tradicional procesión marítima dominical das festas de Burela. Contrastaban por tamaño pincheiros, arrastreiros, lanchas artesanais e deportivas, mesturadas acompañando ao barco que portaba a imaxe. O bo tempo animou a participación na celebración.
A xornada festiva comezou co pasarrúas da banda Ferrol, celebrouse unha misa cantada pola coral polifónica de San Cosme de Barreiros no porto e posteriormente desenrolouse a procesión marítima.
A actividade do luns, día 4, inclúe a procesión de subida das imaxes e a misa cantada pola coral polifónica de Burela, na Igrexa Parroquial. Esta xornada estará animada polas actuacións das oquestas Palladium e Panorama.
O martes, día 5, rematan aos actos das patronais de Burela, ás 12 da mañá cunha ofrenda floral no porto.