UNHA NOVA ESCULTURA EN VIVEIRO
A CULTURA DO ESFORZO
Fina Ramallal Bouso e Otero Regal doaron e inauguraron unha escultura cedida a o Instituto de Viveiro Vilar Ponte.
Con motivo da sua xuvilacion a profesora de historia de ese centro cedeu unha obra do seu compañeiro Otero Regal, tratase de unha obra de ceramica, (gres porcelanico) realizada utilizando mais de 100 modulos que conforman mais de 2m3 con base incluida.
“E un muro, con entrantes e sientes, furados, recunchos, moito color e 22 cabezas de rapaces e rapazas, todo elo aderezado de grifites con textos encol da cultura do esforzo e a vida mesma” explicou Otero Regal
A razon de chamarlle “ A cultura do esforzo devese a que según a miña opinión a actual estrutura educativa e insuficiente, porque faltan materias imprescindibles non século XXI como a cultura do esforzo, porque non pode ser que a un rapaz de 18 anos se lle compre un coche de tres millóns sen saber que hai que esforzarse», A cultura do consumo, xa que o “marqueting, engananos e tomanos o pelo continuamente e a cultura da estetica.
A escultura ten unha frase no frontis de Ortega e Gasset que dice: A civilización non dura porque aos homes só lles interesan os resultados desta: os anestésicos, os automóbiles, a radio. Pero nada do que dá a civilización é o froito natural dunha árbore endémica. Todo é resultado dun esforzo. Só se aguanta unha civilización se moitos achegan a súa colaboración ao esforzo. Se todos prefiren gozar o froito, a civilización afúndese.
E outras frses na composición da mesma como: O éxito esta composto dun 90 % de esforzo, un 5 % de talento, e un 5% de orixinalidade.
É difícil educar os fillos na cultura do esforzo, cando todo está pensado para non facer ningún.
A educación é o vestido de gala para asistir á festa da vida.
A igualdade debe consistir en que ningún cidadán sexa tan opulento que poida mercar a outro, nin ningún tan pobre que teña que venderse.