A INCERTEZA DA FORMACIÓN PROFESIONAL
A Consellería de Educación vén de adiantar ao 13 de xullo a data para que os centros teñan a suficiente matrícula (12 alumnos nas cidades e 8 nas vilas) nos ciclos formativos de Formación Profesional para que se poidan impartir o próximo curso. De non chegar a ese número será a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a que, seguindo o seu criterio, autorice ou non que os ciclos formativos de FP se poidan impartir nos institutos.
O Claustro de Profesores do IES de Foz, celebrado o 27 de xuño de 2012, acordou por unanimidade SOLICITAR á citada Dirección Xeral que aprace tal decisión ata o 13 de setembro (prazo extraordinario de preinscrición), dado que nesas datas se celebran os exames de setembro en ESO, Bacharelato e Selectividade, e polo tanto moitos alumnos non contarían para a toma da decisión da implantación ou non dos diversos ciclos formativos.
O Claustro cre que tomar esa decisión no mes de xullo, sen saber con exactitude a demanda real dos ciclos, suporía tomala con total arbitrariedade, podendo incluso non autorizar ciclos formativos que ó final si terían a suficiente matrícula (xa aconteceu en cursos pasados en moitos ciclos que se imparten na Mariña).
Ó entender do Claustro, e coa lei na man, de tomarse esa decisión no mes de xullo, a Dirección Xeral de Educación podería non autorizar a maioría dos ciclos formativos que imparten os institutos da Mariña por falta de matrícula, o cal suporía un enorme prexuízo para o alumnado que desexa estudiar ciclos de Formación Profesional en toda a Mariña.




















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



