O BNG ESIXE CLARIDADE E COMPROMISO Á XUNTA E AO ESTADO PARA GARANTIR O FUTURO DE ALCOA NA MARIÑA
Antonio Veiga criticou que a delegada Raquel Arias afirme días atrás que Alcoa terá unha tarifa eléctrica vantaxosa e onte mesmo o ministro Soria di que non hai nada feito e que todo dependerá do axuste do déficit de tarifa de 2013
“O goberno do PP e os seus representantes ou correveidiles na comarca están demostrando unha completa ineptitude fronte a este problema que ten preocupada á xente da comarca”, afirma Antonio Veiga
A Mariña, 28 de xuño de 2012. O responsábel comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga, esixiu esta mañá que os responsábeis políticos do PP na provincia, na Xunta de Galiza e no Estado, aclaren as súas posicións e deixen de enganar e confundir á xente xa que non é de recibo que “o ministro Soria diga onte mesmo que non hai nada que feito nin asegurado coas tarifas eléctricas cando días atrás a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, afirmaba todo contrario e que iso estaba feito”, e á vista disto “nós pedímoslle ao presidente da Xunta de Galiza e ao presidente do Estado que aclaren cal das dúas posturas é a certa porque a xente está moi preocupada porque están en xogo 2000 empregos e o 33% do PIB de Lugo. Polo tanto pediría ao sr. Feijóo, a sr. Arias e os seus correveidiles aquí na comarca que deixen de marear a perdiz, que deixen de enganar á xente e que nos digan cal é a verdade en todo isto e cal é a vontade do PP neste asunto”.
Para Antonio Veiga o máis grave da cuestión non é “o dobre discurso que está a ter o PP en Madrid e en Galiza, senón que son incapaces de poñer enriba da mesa solucións a un problema que preocupa moito á xente da Mariña e tamén en todo Lugo pola magnitude da empresa Alcoa no tecido empresarial e como principal centro empregador da provincia. O PP está a fallar doutra maneira non se pode explicar que votasen o martes no Parlamento en contra da proposta do BNG para defender a viabilidade de Alcoa e as garantías socio-laborais dos traballadores. A iniciativa nacionalista, defendida polo deputado Fernando Branco Parga, tiña tamén como obxectivo instar ao goberno da Xunta a demandar do estado unha tarifa eléctrica para a grande industria de Galiza, a prezo reducido e con contratos de longa duración que permita a viabilidade de Alcoa no País, mais ao PP parece que isto non lle interesa”.
“A incerteza sobre a normal actividade do centro de Alcoa en San Cibrao vén motivada polos custes enerxéticos que representan entre o 35 e o 40% dos custes de produción e o remate a finais de ano do contrato singular que a multinacional mantén cunha empresa comercializadora. O remate deste contrato o 31 de decembro de 2012 conxuntamente coa aprobación do Real Decreto-Lei 13/2012 de 30 de marzo produce un encarecemento enerxético do 10% que faría moi dificultosa a viabilidade da empresa” – Afirmou Veiga. E, neste sentido, “a nada axudan as declaracións que coñecemos recentemente do Ministro de Industria, Turismo e Comercio, Sr. Soria, nas que anunciaba modificacións no marco retributivo do sistema eléctrico que, cando menos, xera incerteza para negociar un novo contrato a longo prazo e con prezos baixos como Alcoa necesita”.
Por todo isto, Veiga insistiu en que “Alcoa é de vital importancia para a Mariña e Lugo e diso temos que ser conscientes todos e todas: outra cousa é que o PP sexa incapaz de xestionar os seus recursos á fronte dos gobernos de Galiza e do Estado e poña en perigo a continuidade de Alcoa en San Cibrao, o que de pechar sería unha catástrofe sen precedentes en termos de emprego, e a marcha de Alcoa é algo que non se pode descartar, porque unha multinacional destas características, que ten centros en todo o mundo e mesmo está a abrir un centro en Arabia Saudita,decidira cesar a súa actividade en Galiza, ante a dependencia enerxética que ten a uns prezos que son dos máis elevados de Europa.”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



