O Club Traviesas Natación proclamouse campión galego Máster de verán
-O club vigués conseguiu ademais outros dous títulos como vencedor nas categorías masculina e conxunta
-A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou na entrega de trofeos as gañadores
Cervo, 11 de xuño de 2012-Uns 200 nadadores de entre 20 e 81 anos e de 15 clubs de Galicia participaron no Campionato Galego Máster de Natación Open celebrado o domingo durante todo o día na piscina olímpica cuberta de Lieiro. Un torneo do que saíu vencedor o Club Natación Traviesas, de Vigo, que ademais de ser o campión galego Máster de verán tamén conseguiu o título de campión das categorías masculina e conxunta. O lucense Club Natación ProtaMiñá proclamouse gañador na categoría feminina.
En canto aos premios aos participantes de maior idade, foron para Celia Iglesias Blanco, do Club Natación Pabellón de Ourense e Luis Gómez Sanmartín, do Club Natación Máster Mos. A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto foron os encargados de facer entrega dos trofeos.
Un evento deportivo de relevancia na comunidade “que foi un éxito rotundo de participación, tanto a nivel competitivo como de público” asegura o concelleiro. “As instalacións municipais estiveron á altura do elevado nivel do campionato e a colaboración coa Federación Galega de Natación e o Club Natación PortaMiñá tiveron un excelente resultado” engade Soto. “De feito, a cooperación entre entidades públicas e privadas é o que fan posible acontecementos coma este”.
Para o delegado de Deportes colaboración “é precisamente unha actitude que descoñecen os líderes da oposición de Cervo, que en toda a semana previa ao campionato non tiveron unha soa palabra positiva para este evento”. Aínda así, e “a pesar do intento de boicot dos socialistas, quedou demostrado que os seus frívolos esforzos por estragar o evento foron en van, xa que coma en todo, a unión fai a forza, e neste caso, esa colaboración entre a Federación, o Club PortaMiñá e o Concello foron máis fortes que calquera chapuza verbal dos socialistas”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
