O Concello de foz anuncia que recibe a través do PEIM uns 60 mil euros para arranxar vías municipais
FOZ RECIBE A TRAVÉS DO PEIM 2012, ARREDOR DE 60.000 EUROS PARA A REPARACIÓN DE VARIOS VIAIS MUNICIPAIS. FERNANDEZ MANIN CONCELLEIRO DE MEDIO RURAL , MAR E OBRAS REIVINDICA QUE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL COLABORE DE IGUAL FORMA E ADEMAIS MELLORE AS ESTRADAS DA SÚA TITULARIDADE, XA QUE SE ATOPAN NUN ESTADO PENOSO.
F
ernández Manín, continua dicindo que o pasado día 20 o alcalde JAVIER JORGE CASTIÑEIRA asinou en Lugo o convenio para desenvolver o PEIM 2012 coa Conselleira de Medio Rural e Mar. A Xunta apórtanos a través deste convenio preto de 60.000 euros para a reparación no rural de varias vías do noso Concello que pertencen as parroquias de Nois, Cordido e Santa Cilla, coios proxectos xa foron realizados e solo queda a súa adxudicación .
Para Fernández Manín “este é un convenio importante que se asina coa Consellería de Medio Rural e Mar e os Concellos, coios fondos son aportados polo Goberno Central e a Xunta de Galicia e que posibilita que se vaian reparando os camiños e estradas de titularidade municipal”. Este convenio foi creado no ano 2006 cando gobernaba o PSOE en Madrid, pero nunca aportou a súa parte ata que chegou o Goberno do Partido Popular presidido por Mariano Rajoy.
O concelleiro de Medio Rural, Mar e Obras aproveitou para reivindicar que por parte da Deputación Provincial se reparen e melloren os vías da súa propiedade, “sobre todo a 2007 (praia de Area Longa en Nois a Cordido), a 6303 (de Cordido a Moucide por Güin) na que o estado penoso no que se atopa apreciase na foto adxunta o que demostra que para a Deputación Provincial, Foz non existe desde que é gobernado polo Partido Popular..





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



