Desde onte e ata o 14 de xuño teremos na Mariña Lucense, no Concello de
Xove, unha pequena parte de Etiopía mediante unha exposición fotográfica
realizada e organizada por ABAY ONGD ( Asociación para o desenvolvemento de
Etiopía).
Pódese visitar na sala de exposicións do Centro Cívico calquer día da
semana de 18:00 a 21:00 horas.
A Exposición Etiopía Sin Fin é unha mostra fotográfica e itinerante de
carácter documental, que foi realizada por ABAY coa finalidade de difundir a
beleza e o atractivo de Etiopía, pero tamén a súa realidade e os seus
problemas.
O obxetivo da exposición é sensibilizar a través das miradas e dos
sentimentos que transmiten os retratados, e facer sentir as paisaxes ou as
escenas que se reflicten. Ao mesmo tempo, aprovéitase para dar a coñecer o
terreo onde se realizan os proxectos de cooperación de ABAY
(www.abayetiopia.org).
As máis de 40 fotografías que compoñen esta exposición foron
seleccionadas dunha forma coidadosa por fotógrafos colaboradores de ABAY
ONGD. Os seus autores son profesionais da fotografía como Ais Fotógrafos,
Antonio S. Chamorro, Fernando Medrano ou Jaime Mota, tristemente falecido fai
pouco. Pero tamén se inclúen algunhas aportacións de fotógrafos amateurs
como Francisco Carrión, Teresa Ravina, Anunci Marazuela, Iñaki Astudillo,
Cristina Senserrich, Ingrid Solé Vivancos ou Carlos J. Martínez.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



