O goberno local recibiu ao cervense Gabriel Galante despois de converterse no campión de España de tiro con arco
-O alcalde e o edil de Deportes felicitaron ao arqueiro polo título acadado recentemente e desexáronlle moitos éxitos
-Gabriel Galante participará no curso de tiro con arco que organiza o Concello entre os días 19 e 23 de xuño
Cervo, 9 de xuño de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, recibiron no Concello a Gabriel Galante Briones, actual campión de España de tiro con arco. Rexedor e concelleiro quixeron facerlle un recoñecemento ao arqueiro, veciño de Cervo, polo seu título acadado no XXIV Campionato de España menores de 14 anos celebrado o 26 e o 27 de maio na cidade valenciana de Gandía.
Villares e Soto transmitíronlle ao mozo arqueiro, de tan só 13 anos de idade, a súa alegría pola recente vitoria. “Gabriel é unha auténtica promesa do tiro con arco que dende moi pequeno amosou un talento especial nesta disciplina e que acumula numerosos títulos no seu palmarés” asegura o rexedor, “polo que só nos queda darlle os nosos parabéns, animalo a seguir preparándose para novas competicións e desexarlle moitos éxitos na súa carreira, que se augura longa e frutífera”.
Ao mesmo tempo, o edil de Deportes transmitiulle a disposición do Concello para facilitarlle medios e instalacións para seguir coa súa preparación. “Ao igual que ocorreu no seu adestramento para o campionato de España, dende o Concello ofrecémoslle a nosa plena colaboración para que continúe a súa preparación nas instalacións municipais”.
O mérito de Gabriel Galante Briones no campionato de España foi dobre, xa que era a primeira vez que participaba nunha competición estatal, e estreábase cunha vitoria. Pero ademais, o arqueiro do Club Castelarco de Alfoz conta con numerosos títulos a nivel autonómico, como o acadado recentemente en Lugo, onde se proclamou campión galego infantil de tiro con Arco.
Curso de Tiro con arco
O Concello de Cervo ten previsto organizar un curso de tiro con arco entre os días 19 e 23 de xuño no campo de fútbol da Veiga destinado a todas as persoas a partir de 8 anos que desexen aprender a técnica deste deporte olímpico. Un acontecemento deportivo no que tamén estará presente Gabriel Galante. O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de xuño na Casa do Concello de Cervo e na Casa da Cultura de San Ciprián.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
