O PP de Lugo insta ao Señor Besteiro a que deixe a un lado o seu afán de protagonismo e se poña a traballar
Barreiro asegura que a habitual actitude de confrontación, por parte do Señor Besteiro coa Xunta, é un erro que pagan os lucenses
Lugo, 22 de xuño de 2012.- “Outra vez máis, e xa resulta moi cansino, aparece o Señor Besteiro coa súa dinámica: proxectar a súa imaxe, proclamar a bombo e platillo promesas que logo se verán incumpridas e entorpecer o traballo dos que sí nos preocupamos por facer posible o que é necesario”- Así se mostrou o Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, logo das declaracións verquidas polo Presidente da Deputación lucense.
Barreiro insta ao Señor Besteiro a que deixe a un lado, dunha vez por todas, o seu afán de protagonismo e se poña a traballar, e senón está preparado, que se vaia e deixe paso a outros que sí están preparados e queren facelo.
O Voceiro do GPP no Senado lémbralle ao Señor Besteiro que o único que fai o seu partido e vender logros para, a continuación, esquecerse deles.
“Só se acorda de levar a cabo as súas promesas cando está o partido contrario no Goberno, porque cando os seus homólogos estaban na Moncloa ou na Xunta de Galicia, ahí as súas promesas non aparecían por ningures. Agora, nunha crise económica provocada polo seu partido, cunha herdanza envelenada debido a súa mala xestión, aparece o Señor Besteiro solicitando o que él non fixo e criticando as solucións que están poñendo os populares para solventar os problemas cos que se atoparon os novos gobernos populares ao chegar ao poder;”- manifesta Barreiro.
José Manuel Barreiro insta ao Señor Besteiro a que tome exemplo do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e deixe a un lado as súas ansias de protagonismo. “O Goberno Galego non se adica a prometer o que non vai facer, a dar prazos e a incumprir, senón que non da, á primeira de cambio datas, pero cumpre co que promete”. Ven criticando Besteiro o ritmo das obras do Novo Auditorio, cando os socialistas non se preocuparon en absoluto por esta infraestructura e foi un goberno do PP o que mostrou interese e o puxo en marcha”-manifesta Barreiro.
Asemade o líder dos populares lucenses afirma que o Goberno de Núñez Feijóo puxo en marcha un proxecto que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do técido empresarial da provincia de Lugo: o Plan Impulsa Lugo; un plan para o que este ano se duplicou a partida ata os 68 millóns de euros. Fala tamén Barreiro, do plan de Banda Larga, unha iniciativa do Goberno Autonómico xestionado polo PP, gracias a cal preto do 88% dos lucenses dispoñen de Internet e fomenta a competitividade nas empresas lucenses.
Destaca tamén o líder dos populares de Lugo que mentres Besteiro e o seu goberno se adican a enredar neste ámbito dos servizos sociais, ignorando o que legalmente lles corresponde aos lucenses, o Goberno da Xunta demostrou o seu compromiso cos habitantes desta provincia e hai preto dun mes xa realizou o adianto de 2,5 millóns de euros para o desenvolvemento da atención en materia de servizos sociais.
Fala tamén Barreiro da sinatura do protocolo que firmou a Xunta de Galicia coas catro Deputacións, da cal parece que o Señor Besteiro xa non se lembra do que asinou porque xa está mostrando as súas críticas. Asegura Barreiro que por primeira vez desde o comezo da autonomía, a Xunta e as Deputacións rubricaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento de políticas de vertebración territorial e cooperación co mundo municipal. “Parece mentira que o Señor Besteiro non vira o luns cales son os froitos do diálogo e a negociación, o que lle debería facer pensar que a súa habitual actitude de confrontación coa Xunta é un erro que pagan os lucenses”- di Barreiro.
O Voceiro do PP no Senado e Presidente do PP en Lugo, insta ao Señor Besteiro a que aparque xa a súa palabrería e afán de protagonismo e se poña a traballar.



















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



