O PP burelés aplaude a visita e os compromisos de Núñez Feijoo.
Lembra que a Xunta bipartita non programou a ampliación do Hospital e puxo trabas para abrir a ampliación da actual escola infantil.
Os populares pídenlle ó alcalde que siga na actual liña de traballo e xestión.
Burela, a 15 de xuño de 2012.- O PP burelés mostrou hoxe a súa satisfacción pola visita efectuada a Burela o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, así como polos anuncios feitos polo mesmo en relación á construcción dunha nova gardería e ó plan director para a ampliación do Hospital.
No que se refire ó Hospital, os populares entenden que o Presidente Núñez Feijoo demostrou unha vez máis o seu compromiso con Burela e coa Mariña, porque o plano director é o documento previo para unha ampliación, xa que a través do mesmo se van definir os puntos fortes e débiles do hospital, as súas necesidades, etc. Ademais, compre destacar que hasta agora era mui difícil falar de ampliación, porque o solo existente a tal efecto era mínimo. En cambio, e gracias ó equipo de goberno liderado por José María González Barcia, o PXOM recolle solo suficiente para tal ampliación.
Ademais, e seguindo con este asunto, os populares lembran que o bipartito estivo catro anos na Xunta e non querían falar para nada da ampliación, e foron tan incapaces que nin sacaron adiante as obras de xinecoloxía, que tivo que facer o PP cando chegou ó goberno da Xunta. Onde están os investimentos de sete millóns de euros anunciados dúas veces polo Sr. Llano?
Eso sí, a Xunta bipartita quería adscribir Burela e a comarca á zona sanitaria de Ferrol.
No tocante á gardería, efectivamente coincidimos co alcalde de Burela no senso de que Burela medra, e polo tanto hai que facer previsións. O PP cumple así o seu compromiso electoral, tanto nas eleccións autonómicas de hai tres anos coma nas municipais do ano pasado. E de novo agora se pode falar de construir unha gardería, porque hai solo reservado no plano xeral, e porque hai un convenio asinado entre os gobernos central e da Xunta.
Pola contra, resulta chocante que o nacionalista Parga Núñez critique esta obra; será que eles nin a planificaron mentres estaban na Xunta, e por riba puñeron abundantes trabas á posta en funcionamento da ampliación da escola infantil actual, denunciadas no seu día polo PP. E compre lembrar que a escola infantil actual, tanto o primeiro edificio coma a ampliación, foron logros dun goberno municipal burelés do PP. O Bloque e o PSOE sempre se negaron a ofrecerlle un solar á Xunta para unha nova escola infantil, e pretendían levar ós nenos de 0 a 3 anos á Casa do Mar, un edificio que non cumple os requisitos.
Desde o PP reiteramos a nosa satisfacción pola visita do Presidente da Xunta e polos seus compromisos, e animamos ó alcalde e ó seu equipo a seguir traballando e xestionando como o están a facer hasta agora.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



