O PP de Mondoñedo presentará alegacións ás ordenanzas fiscais e de tráfico aprobadas en solitario polo PSOE e o BNG
Os BOP do 19 e 26 de xuño de 2012 recollen a publicación dunha serie de ordenanzas, entre elas, a aprobación provisional de ordenanzas fiscais e a reguladora en materia de tráfico
O Partido Popular de Mondoñedo presentará alegacións a decisión de prohibición absoluta de aparcamento na zona do Seminario e da Fonte Vella plantexando alternativas e esixindo algunha modificación no resultado da obra
O Grupo Municipal do Partido Popular ponse a disposición dos veciños para a tramitación de calquer tipo de alegación que se desexe tramitar tanto de forma individual como colectiva
Mondoñedo, 29 de xuño de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo presentará alegacións ás ordenanzas fiscais e reguladoras de tráfico cuxas tramitacións provisionais aparecen recollidas no Boletín Oficial da Provincia do 26 de xuño, número 146, tras ser aprobadas en solitario polo PSOE e o BNG da localidade nas pasadas sesións plenarias e cuxo prazo de reclamación é de 30 días dende a publicación do citado anuncio no BOP.
As ordenanzas fiscais cuxa aprobación provisional aparecen recollidas no citado BOP son a nº 41 reguladora do prezo público pola participación con venta de produtos e demais actividades desenvolvidas no Mercado Medieval; a nº 21 reguladora da taxa dos cursos impartidos pola Escola Municipal de Música; a nº 43 reguladora do Prezo público pola prestación de Servizos de Axuda no Fogar; e a nº 42, reguladora da taxa de prestación do servizo de Escolas Deportivas Municipais. O Partido Popular presentará alegacións a algunhas destas ordenanzas, sustentadas no feito de que as taxas deben gravar segundo criterios progresivos, é dicir, a maiores ingresos, maior debe ser a taxa impositiva, unha iniciativa en consenso coa política emprendida polo PP: “O que máis ten, que máis pague”.
Pola súa banda, o BOP do 26 de xuño tamén recolle o anuncio da aprobación provisional dunha serie de regulamentos e ordenanzas: modificación da ordenanza nº34 reguladora de Tráfico e Circulación; Regulamento nº23 de Servizo de Axuda no Fogar e Ordenanza nº 25, reguladora das axudas de rehabilitación de vivendas. Neste caso, tras manifestar ata agora unha postura crítica en relación a política reguladora de tráfico emprendida polo bipartito, o Grupo Popular presentará tamén alegacións a decisión do BNG e do PSOE de prohibir o estacionamento na zona da Fonte Vella e do Seminario sen plantexar alternativas ao respecto.
Ademais, en materia de tráfico o Partido Popular pedirá accións concretas por parte do goberno municipal. Así, solicitará a retirada “inmediata” dos obstáculos, que sen ningunha medida de seguridade nin finalidade produtiva, se recollen ao longo da zona do Seminario e da Fonte Vella. Tanto é así que o banco de pedra ubicado no entorno da Fonte Vella provocou fai días a colisión dun vehículo contra este obstáculo.
Dende a publicación no BOP, os veciños dispoñen dun prazo de 30 días para a presentación de alegacións. Dado isto, o Partido Popular de Mondoñedo ponse a disposición dos veciños que desexen presentar calquera tipo de alegación individual ou colectiva en relación con estas ordenanzas.
O Grupo Municipal do Partido Popular tamén informa aos veciños que no BOP do 19 de xuño aparecen recollidas a transcrición íntegra dunha serie de ordenanza aprobadas en Mondoñedo. O Boletín do 19 de xuño recolle a ordenanza reguladora da apertura de establecementos para o exercicio de actividades non sometidas á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo; a ordenanza fiscal reguladora da taxa por outorgamento de licencias urbanísticas e a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos.