O PP local critica de falta de democracia, deixadez e pouca implicacion e traballo por Mondoñedo por parte do bipartito
Descoñecemos a data de celebracion do pleno ordinario, a falta de prevision e de planificacion e digna de repulsa
a disculpa da aprobación provisional do PXOM, documento que teñen no seu poder dende o 2010 foi supostamente a razon do retraso.
Mondoñedo, 2 de xuño de 2012- O Grupo Municipal do Partido Popular reitera o seu malestar por descoñecer, ante a non celebración da sesión plenaria, que debía de celebrarse o pasado xoves 31, cando vai a ter lugar o pleno ordinario. Nesta lexislatura, o bipartito acordou reducir a metada as sesións plentaria, impoñendo a sua celebración cada dous meses. O que sen dúbida, retrasa as propostas de inicitivas e o traballo ordinario da administración local,
Iso, unido ós múltiples cambios e novidades que derivadas das reformas do goberno central se impuñeron, levou a desenvolver a actividade do concello a golpe de PLENOS EXTRAORDINARIOS, algúns convocados con horas de antelación. Feito que tamén foi denunciado polo grupo popular, intentando en todo momento colaborar polo ben dos mindonienses, de xeito unha das medidas máis aplaudidas e que contou co apoio dos populares foi a medida de pago a proveedores que vai a supor que autonomos e pymes cobren cantidades que o concello lles adeudaba por importe preto do millón e medio de euros.
Os datos reflexan que o bipartito, en vez de optar polos organos ordinarios e de representatividade democrática, prefire continuar coa via das plataformas e manipulacions de información, síntese máis cómodo, e a súa actitude é de pouca responsabilidade de goberno, moita demagoxia e oposición na rúa, xerando alarmas innecesarias e resolvendo pouco ou nada, os problemas dos mindonienses
os Populares criticamos que a día de hoxe, esteñán sen resolver:
as alegacións a Ordenanza de Inspección técnica de Edificios,
os problemas de estacionamento no entorno do centro de saúde e do entorno do seminario, fonte Vella e Catedral, que levou a unha iniciativa veciñal a recoller sinaturas.
O funcionamento do saneamento de sasdónigas
entre outros moitos problemas dos mindonienses.
O unico semaforo que existe en Mondoñedo, leva meses sen funcionar
Realmente a incapacidade é tal que o único semáforo co que conta a nosa cidade, leva meses sen funcionar a pesar das múltiples protestas dos veciños, que realmente insisten na inseguridade que xenera porque o reflexar o sol, semella que funciona e os vehículo quedan parados esperando o cambio.
Os pupulares consideramos que debemos esixir traballo e compromiso para resolver os problemas dos mindonienses e o xeito de que o único foro que temos de debate e de respecto institucional O PLENO ORDINARIO, o non celebrarse, limita as nosas posibilidades