Logo dunha semana de que saiese a luz unha presunta demanda dirixida a SUPLUSA, de que os populares pedisen explicacións e o Señor Besteiro continúe en silencio ante un problema de tal envergadura
Candia insta a Besteiro a que dea explicacións pola demanda dirixida a SUPLUSA por un suposto incumprimento de contrato nunha empresa de Begonte
. Os populares tachan de irresponsable o silencio de Gómez Besteiro ante un problema tan importante
. O GPP asegura non facer demagoxia nun tema que presenta un oportunismo político relevante, cre que prima a prudencia pero non consinte que Besteiro se manteña escondido e sen dar explicacións os lucenses
. Os populares detectan que a xestión de SUPLUSA está sendo cuestionada nos últimos tempos e lembra o recente incumprimento na normativa de Benestar
Lugo 16 de xuño de 2012.- Logo dunha semana de que saíse á luz unha demanda dirixida a SUPLUSA por un suposto incumprimento de contrato nunha empresa de Begonte, despois de que os populares pedisen explicacións ao Presidente da Deputación, como máximo responsable da institución, e vendo que o Señor Besteiro se mantén en rotundo silencio, os populares ínstano a que dea a cara e saia, dunha vez, da retagarda para dar explicacións a tódolos lucenses.
Para a voceira do PP na Deputación de Lugo é inconcibible que os lucenses nos enteremos desta suposta demanda e o Señor Besteiro, máximo responsable da Institución, se manteña en silencio e sen dar explicacións de ningún tipo.
A Voceira do PP na Deputación sospeita que nos atopamos ante outra das utilizacións sectarias e partidistas por parte do señor Besteiro, neste caso por parte de SUPLUSA, un organismo creado para o desenvolvemento industrial na provincia. Lembra Elena Candia que dun tempo para aquí o Señor Besteiro dálle unha nova dimensión entrando en novos proxectos, probablemente sen estudiar e con rigor permanente e trae a coacción o exemplo de Benestar, denunciado fai unhas semanas polo Grupo Provincial Popular.
O GPP manifesta, con rotundidade, que buscará a verdade nesta demanda e non fará demagoxia pero pídelle ao Señor Besteiro que de explicacións de inmediato aos lucenses ante un tema tan importante e preocupante como este.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



