Se o PSOE gobernase España cinco meses máis, hoxe non estaríamos a falar dunha axuda á banca, senón do rescate do país
Balseiro: “Se o Goberno Central non levase a cabo estas reformas, España tería que ser intervida”
.O crédito europeo á banca é clave para o futuro do euro e para garantir a financiación da economía
.Esta operación de crédito non afectará aos cidadáns xa que non terá condicións engadidas
.Non supón unha intervención do país, xa que só se impondrán condicións á banca
A Pontenova, luns día 11 de xuño de 2012.- O Secretario Xeral do PP en Lugo, José Manuel Balseiro acudiu esta tarde a Pontenova para explicar as reformas levadas a cabo polo Goberno de España.
Acompañado da Voceira do PP na Deputación, Elena Candia, de Deputados Nacionais, Autonómicos e provinciais e de alcaldes e voceiros da zona, Balseiro centrouse na axuda financieira ás entidades bancarias aprobada polo Eurogrupo.
“Os 100.000 millóns de euros son a provisión máxima que concede o Eurogrupo, pero non a cifra que necesitará a banca española. O PP non fai intituicións acerca de cal será a cantidade final. Saberémolo cando se coñezan as auditorías independentes avaladas polo BCE e o Goberno. O que sí temos claro, é que este debe ser o proceso final de reestructuración do sistema financieiro”- manifestou Balseiro
Dixo o Secretario Xeral do PP que non se trata dun rescate a España, xa que esta operación de crédito nada ten que ver coas intervencións noutros países, como Grecia, Irlanda ou Portugal.
“España é un país que segue colocando a súa débeda, cuxa demanda cuadriplica a oferta, e que mantén a súa imaxe de solvencia.” – afimou Balseiro.
Destacou o popular lucense que se España non fixese os deberes coas reformas laboral, financieira e administrativa, marcando un obxectivo de déficit serio e rigoroso, hoxe sería un país intervido, e as esixencias da UE serían tan ou máis duras que as impostas a outros países que sí foron rescatados.
“Os esforzos e sacrificios de tódolos españois nos últimos cinco meses permitiron esta operación, que non terá custo para a sociedade, xa que non ten condicións engadidas”- manifestou
Lembrou Balseiro que para medrar e xerar emprego é imprescindible sanear as contas das administracións públicas, emprender reformas estructurais e reestructurar o sistema financieiro para que volva a fluír o crédito. Ao seu xuízo, coas reformas adoptadas ata agora gañouse a credibilidade ante os socios europeos e as institucións.
Ante as críticas verquidas polos socialistas, quenes aseguraron que as declaracións do Presidente de España foron unha “mentira masiva”, asegurou Balseiro que por decencia e responsabilidade deben estar calados
“A única mentira masiva dos últimos sete anos foi a do señor Zapatero acerca de que España cumpliría o 6% de déficit, e finalmente acabamos no 8.8%. Aí comenzou a necesidade do axuste. Se o PSOE gobernase España cinco meses máis, hoxe non estaríamos a falar dunha axuda á banca, senón do rescate do país. Así que por decencia e responsabilidade que estén calados”- manifestou José Manuel Balseiro.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



