Gómez Besteiro defende o novo papel das Deputacións nunha reunión con Rubalcaba perante 300 representantes do municipalismo
José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo e Secretario Xeral dos Socialistas da provincia luguesa, defendeu o novo papel das Deputacións no actual momento económico de crise, nun encontro con Alfredo Pérez Rubalcaba que tivo lugar esta mañá na sede socialista de Ferraz baixo o título “Un ano de gobernos locais”.
Gómez Besteiro foi un dos cinco cargos socialistas españoles seleccionados pola dirección do partido para expoñer as novas políticas que deben impulsar as Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares. Xunto a Gómez Besteiro, único ponente sobre Deputacións, estiveron outros como Gaspar Zarrías, Secretario Federal de Cidades e de Política Municipal ou o propio Pérez Rubalcaba, que retrasou a súa chegada debido ás reunións de urxencia pola alerta de rescate a España.
Perante un foro de máis de trescentos representantes do mundo local, Gómez Besteiro a necesidade de afrontar retos como “a sostenibilidade do territorio e, por ende, o mantemento do Estado do Benestar dos cidadáns acadado no século pasado”. A razón fundamental da existencia das Deputacións radica, segundo relatou o Secretario Xeral dos Socialistas de Lugo, “na coordinación, cooperación e especialmente a concertación, a través dun traballo en rede que permite aplicar economías de escala”. Besteiro insistiu en que “despois de trinta anos de gobernos democráticos, é necesario un replantexamento da política local e, por tanto, tamén dos Gobernos Locais Intermedios que deberá estar presidida polo amplo consenso das modificacións lexislativas que se pretendan”.
Na súa intervención ante unha selección dos representantes socialistas do municipalismo, Gómez Besteiro recalcou que as Deputacións deben camiñar cara os municipios menores ós 20.000 habitantes, aínda que iso non ten que impedir colaboracións voluntarias cos que superen esta cifra en obxectivos comúns e de economía de escala. Por outra banda, explicou a necesidade de redefinir as competencias propias e impropias para que os gobernos locais podan recuperar o seu pulso, así como “profesionalizar a función directiva, implantar a xestión por obxectivos e resultados, o uso intensivo das tecnoloxías da información e intensificar os servicios non só públicos senón de calidade”

















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



