![]()
Os rexedores destes Concellos solicitan unha entrevista á Conselleira de Traballo e Benestar
Os Alcaldes de Riotorto, A Pontenova, Pastoriza e Pol denuncian que a Xunta retira os fondos para a axuda a domicilio de 116 veciños dos catro Concellos
Os Alcaldes de Riotorto, A Pontenova, Pastoriza e Pol mantiveron unha xuntanza o pasado
Martes na Casa do Concello de Riotorto, a que tamén estaban convidados os Alcaldes de Meira
e a Ribeira de Piquín, (todos estes concellos colaboramos noutros ámbitos dos servizos
municipais) que non acudiron a reunión, a fin de analizar as consecuencias que en materia de
benestar vai ter as retiradas de axudas por parte da Xunta aos Concellos de menos de 20.000
habitantes así como para esixir da mesma compromisos orzamentarios para seguir prestando os
servizos que até agora viña financiando a Xunta de Galiza.
O Alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, lamentou “ a posición da Xunta de Galiza que
deixa sen aportación económica o servizo de axuda no fogar básico do que até a data se
beneficiaban preto de 120 veciños e pon en risco o funcionamento de equipamentos sociais
como pode ser o PAI de Pastoriza ou A Pontenova e que asemade pon en risco o funcionamento
das unidades de traballo social que desenvolven o labor nestes Concellos. Non é de recibo a
posición da Xunta de Galiza que discrimina aos Concellos en función do seu número de
habitantes, aínda menos que se estableza un dobre vara de medir que fixa un trato desigual para
os veciños do rural e das cidades e resulta particularmente triste a posición dos Alcaldes de
Meira e da Ribeira de Piquín que antepoñen os intereses do partido por encima dos intereses
dos seus veciños. A Axuda a Domicilio, os servizos para nenos e maiores non saben de siglas”.
Estoa indicou que “ a declaración institucional que vimos de aprobar os Alcaldes destes catro
concellos recolle de xeito literal a necesidade instar á Xunta de Galicia a que faga unha achega
económica para o mantemento do S.A.F. básico, das unidades de traballo social e dos
equipamentos sociais de titularidade municipal que cando menos garanta a contía aportada no
ano 2010. Na mesma liña facemos expreso a denuncia ao denunciar o tratamento discriminatorio
para os concellos de menos de 20.000 habitantes que a Xunta de Galicia establece no Decreto
de marzo de 2012 de financiamento do sistema de benestar e demandar o cumprimento das
obrigas orzamentarias fixada na Lei de Servizos Sociais de Galiza de 2008 para a Comunidade
Autónoma. En todo caso o noso queremos que fique claro o noso compromiso de traballo para
garantir o mantemento dos servizos sociais básicos que prestamos nos nosos concellos e
comprometernos a facer as xestións necesarias nesa dirección ”.
O Alcalde de Riotorto anunciou que “os Alcaldes destes catro Concello imos solicitar unha
entrevista á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a fin de desbloquear o problema
que creou con esta decisión. Ese é o acordo que adoptamos o pasado martes na xunta que
mantivemos no Concello de Riotorto, posto que non podemos dar por bo que nos retiren os
fondos para manter servizos básicos, máis aínda nuns concellos cunha poboación tan
envellecida, acudindo a escusas de mal pagador. Ninguén cree que exista algún tipo de
fundamento legal para que a Xunta poida retirarnos esta axuda, xa que a lexislación en vigor é
hoxe a mesma que en 2010 ou 2011. A única motivación da decisión da Xunta está en que
cando ao PP lle toca recortar, sempre recorta en quen máis o precisa, isto é nos máis débiles.
Esta é a consecuencia de sufrir dun goberno da Xunta ao servizo dos poderosos”





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



