O Alcalde de Foz e a concelleira de Deportes realizaron esta tarde unha
recepción a deportistas de Foz que conseguiron éxitos este ano. Quixeron
simbolizar neles o seu agradecemento a todas as persoas que practican
deporte e que se esforzan día a día. Fixeron mención especial ás directivas
dos clubs que en momentos tan difíciles economicamente seguen traballando
para saír adiante. Tal vez os éxitos eran o de menos, a constancia, o
fomento de valores positivos, … iso é o que realmente quixeron destacar.
Acudiron a esta recepción:
– Gabriel Galante: campeón nacional de menores de 14 anos de
tiro con arco
– CB Celtas Senior: conseguido ascenso a segunda división
– CD Foz infantís: campeón provincial.
– Víctor e Nuno: premios Líder 2012 (defensa e centrocampista)
en categoría alevín
– Xosé, Asier e Eijo (CD Foz): premios Líder 2012 (porteiro,
centrocampista e diantero) en categoría infantil
– Anxo, Aarón e Rubén (CD Foz): premios Líder 2012 (defensas e
centrocampista) en categoría cadete
– Jacob (CD Foz): premio Líder 2012 (centrocampista) en
categoría xuvenil de Autonómica Norte
– Burunda (CD Foz): premio Líder 2012 como entrenador de equipo
cadete
– AD Santiago de Foz: campións na Liga da Mariña en categoría
benxamín (non puideron acudir aínda que foron recoñecidos)