Rescate a referendo
A intervención da UE no Estado español, en forma de falso ‘rescate’ para salvar a banca privada e aseguraren o pago da débeda externa, malia a precipitación non foi unha sorpresa. O Estado leva intervido, de facto, arredor de dous anos. O poder político en mans do PSOE e agora nas do PP, someteuse desde o primeiro momento aos ditados da troika neoliberal. A soberanía foi furtada pola Comisión Europea, o Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional. No caso galego asistimos a unha dobre negación de soberanía. Á que secularmente exerceu o centralismo españolista súmase a transferencia da capacidade de decisión real a institucións foráneas, alleas ao máis mínimo control democrático e orientadas a satisfacer os intereses do grande capital. Reivindicar o exercicio pleno da soberanía nacional polo pobo traballador galego, tórnase pois unha cuestión central.
Até cen mil millóns de euros podería alcanzar o préstamo “brando” da UE. Ou o que é o mesmo, o equivalente ao 10% do Produto Interior Bruto español. Un endebedamento brutal que incrementará, malia a negación oficial, o déficit público por mor dos xuros que haberá que pagar. Xuros que atinxirían como mínimo un nada amistoso 4%, habida conta de que a débeda pública a dez anos está a colocarse a intereses de pouco máis do 6% no mercado financeiro. Europa non regala nada.
As contrapartidas que esixirán pola intervención non serán só rendementos económicos. Memorando é a palabra chave. Será nese documento, inda por elaborar, onde se fixarán as condicións concretas que a UE imporá e que serán supervisadas de preto polo FMI. Nada novo, nada especialmente diferente ao acontecido en Grecia, Italia, Portugal ou Irlanda. Se o “rescate” español é aparentemente máis brando é consecuencia de que unha parte importante da axenda de contrareformas que se impoñen no caso español xa están executadas. Non é necesaria, polo momento unha intervención política máis explícita, dado que o PPSOE é unha sólida garantía de servil sometemento. A reforma constitucional exprés foi o seu certificado de boa conducta. Teñen máis que acreditada a súa disposición a gobernar contra as clases populares.
A decisión do goberno español de acudir á intervención europea terá consecuencias sobre o pobo. E moitas. Máis e máis axustes no gasto social, que adelgazarán os servizos públicos até o extremo. A suba de impostos indirectos, co IVE á cabeza. Mesmo non é descartábel un novo empobrecemento das pensións. Importantes recortes na función pública e nas prestacións por desemprego, antóllanse como algúns dos probábeis golpes antisociais, xa exercidos noutros territorios intervidos. Ademais, dado que é o Estado quen avala esta mil millonaria operación, no caso -probábel- de que as entidades bancarias que se financien a conta desta non devolvesen os préstamos, o seu pago será a escote. A escote de todas e de todos nós. A escote da clase traballadora. Rescate para os bancos, saqueo para o pobo, como denunciou Francisco Jorquera. Un negocio redondo.
Pola magnitude do asunto é inaceptábel que as decisións se tomen sen considerar a opinión de quen padecerá as súas maiúsculas consecuencias, sen dar a palabra ao pobo. A esixencia, formulada polo BNG, de que o Goberno central someta esta cuestión a un referendo -necesariamente vinculante- áchase indispensábel. Será a derradeira oportunidade de salvagardar os máis esenciais mínimos democráticos fronte a ofensiva da ditadura do Capital. A da asfixiante síntese entre cleptocracia e plutocracia, o réxime onde ricos, ladróns e corruptos gobernan contra a maioría no seu beneficio particular.


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



