O VINDEIRO 31 DE XULLO DAN COMEZO AS NOITES ALTERNARTIVAS QUE ORGANIZA A DELEGACIÓN DE DEPORTES DE BURELA. TAMÉN SE PRESENTARON HOXE A CARREIRA POPULAR E OS DÍAS DA BICICLETA E DO PATÍN.
Burela, 26 de xullo de 2012. A Delegación de Deportes pon en marcha as Noites alternativas, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros días. Os días 31 de xullo e 1 de agosto na pista do parque a partires das 21 horas haberá baloncesto 3 x 3 sub 16. Os días 7 e 8 de agosto no pavillón Vista Alegre a partires das nove da noite será tempo de disfrutar de fútbol 3 x 3 sub 14, tamén haberá fútbol 3 x 3 sub 16 os días 14 e 16 de agosto no mesmo escenario. E a praia do Portelo acollerá os días 21 e 22 de agosto fútbol praia sub 16 a partires das 20 horas. Segundo explica a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, “as inscricións poden facerse ata o primeiro día da competición en cuestión”.
Beatriz Piñeiro e o alcalde, José Mª González Barcia, presentaron tamén hoxe o resto das actividades que terán lugar no mes de agosto. O 5 de agosto (domingo) celebraráse unha nova edición da Carreira Popular con saída da praza do Concello e chegada á praia da Marosa. En total serán 6 kilómetros de percorrido. Haberá trofeos para o máis xove, para o veteran@ e para o 1º clasificad@. As inscricións poden facerse no punto de saída media hora antes do inicio da carreira.
O 10 de agosto Burella acollerá o Día do Patín a partires das 18:30 horas con saída desde praia urbana ata a de Ril e volta. Piñeiro subliña que “para participar nesta actividade é obrigatorio saber patinar e si non é así ir acompañados dunha persoa adulta”. As inscricións deben realizarse no Concello ata o vindeiro 9 de agosto. E xa o 17 de agosto celebraráse o Día da Bicicleta ás 19 horas con saída desde a praia urbana ata a da Marosa.