PROGRMA DA XVII ROMERÍA MONTE CASTELO
Venda de parcelas
Día 19 de Xullo de 17:00 a 20:00, confirmación de parcelas reservadas do ano anterior.
Día 20 de Xullo de 17:00 a 20:00, publico en xeral
O coste das parcelos é de 120 e 80 euros, devolvéndose de fianza 60 e 40 euros respectivamente.
A comisión non se fará responsable de ningunha lista nin de ningunha orde allea á da propia organización.
26 XOVES
20:00 MISA NA IGREXA DA VILA DO MEDIO e a continuación subida da imaxe.
22:30 DÍA DO COLESTEROL. Exhaltación da carne de porco.
23:30 CHUPINAZO a cargo de S.C.R. LEDICIA
00:30 QUEIMADA
27 VENRES
21:30 CHICHARRADA
23:30 VERBENA, amenizada por OCÉANO e despois DJ CHENTE ata o amencer.
28 SÁBADO
14:00 SESIÓN VERMÚ coa orquestra ATENAS
17:00 h. CONCURSO DE CASETAS
1º PREMIO: Gran cesta doada por Distribuciones Carreiras
2º PREMIO: Cesta doada por Tabacos A Petaca
3º PREMIO: Lote de productos da terra
4º PREMIO: Lote da Romaría
17:30 h. PASAMESAS a cargo da SAL DA FELGA
23:30 VERBENA coa orquestra ATENAS e despois DJ FREDDY ata que o Corpo aguante
29 DOMINGO
12:00 MISA con procesión na honra da nosa señora das Marabillas
14:00 h. SESIÓN VERMÚ a cargo de TRIO SESIÓN
Organiza: Asociación R. C. M. Amigos do Monte Castelo
Colaboran: DEPUTACIÓN DE LUGO, CONCELLO DE BURELA, S.C.R LEDICIA e COMISIÓN DE MONTES
Prégase a todos os romeiros teñan un comportamento cívico e responsable e se respecte o medio natural.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



