ABERTO O PRAZO PARA A RESERVA DOS TABOLEIROS E CABALETES DO XANTAR DA IRMANDADE DA MARUXAINA
Os interesados terán que efectuar a súa solicitude a partir do luns 30 de xullo e ata o 6 de agosto nas dependencias da Casa da Cultura de San Ciprián.
A cesión efectúase con carácter gratuíto previo pago dunha fianza de 30 euros que será devolta toda vez que regresen o taboleiro en perfecto estado de uso, ata as dependencias municipais.
O xantar de confraternidade dos maruxainos e maruxainas ten lugar no mediodía do 11 de agosto na praia de O Torno malia que, pola súa grande afluencia esténdese tamén a outras praias e espazos desta localidade.
A Comisión de Festas de San Ciprián, en colaboración co Concello de Cervo, abre o prazo para solicitar e reservar os taboleiros e cabaletes do xantar da irmandade da Maruxaina que cada ano ten lugar na pria do Torno durante o día de celebración desta cita festiva de interese turístico galego.
Aquelas persoas ou grupos que estean interesados en dispoñer deles poderán solicitalos en horario de oito da mañá ata a unha da tarde na Casa da Cultura de San Ciprián. Deberán efectuar a súa solicitude a partir do luns 30 de xullo e ata o 6 de agosto nas dependencias da Casa da Cultura de San Ciprián
FIANZA
Malia que a cesión é totalmente gratuíta si será necesario depositar 30 euros en concepto de fianza serán devoltos aos solicitantes, toda vez que os taboleiros e cabaletes regresen en perfecto estado de uso, ata as dependencias municipais
ENTREGA NOS BAIXOS DO PASEO MARÍTIMO
Os taboleiros poderán ser recollidos nos baixos do Paseo Marítimo sitos na praia do Torno na mañá da xornada festiva, en horario de 10 a 12, tendo que ser devoltos ao punto de orixe durante a tarde dese mesmo día. O tradicional xantar da irmandade da Maruxaina terá lugar no mediodía do sábado 11 na praia do Torno malia que, pola éxito e grande afluencia acadado nos últimos anos esténdese ás outras praias e espazos desta localidade.
UNIFORMIDADE, VISTOSIDADE, SEGURIDADE
Este préstamo é realizado co gallo de facilitar a afluencia de participantes neste típico evento festivo de San Ciprián, ao tempo que incrementa a vistosidade do mesmo ao ser poucos os casos onde esta romaxe se celebre nunha praia. Neste senso, tamén quixeron recordar aos participantes neste xantar a recomendación da organización de empregar toldos de cores claras, así como a de non instalar lonas ou plásticos de cor negra para protexer as mesas do sol, entendendo que esta disposición ofrece menor impacto e mellora o aspecto xeral do xantar de irmandade