ANTES ESQUECIDOS AGORA SENTENCIADOS
Como cambian as cousas e sempre para peor, da medo leer os xornais ou ver os telediarios, todo son novas negativas e preocupantes (subida da prima de risco, crisis financeira, corrupción, recortes sociais, etc…), parece como se estivesemos a vivir un mal sono, un pesadelo que nos vai quitando a vida pouco a pouco e, como non pode ser doutra maneira, xorden as “terapias reparadoras” dos gobernos encamiñadas a poñer os cimentos dun novo orde para “mellorarnos” as condicións de vida.
E neste contexto nos atopamos no Colexio de Ensinanza Infantil e Primaria de San Cosme de Barreiros, antes eramos “esquecidos”, como ben dicía na prensa hai algún tempo un pai preocupado pola educación e melloras no devandito centro, e hoxe, lamentablemente, temos que pensar que ademais somos uns “sentenciados”, e dicimos isto por todo o que nestes días está a acontecer co centro referido de cara o vindeiro curso: comunicase a dirección do centro por parte da Consellería de Educación, sin acordarse da ANPA, e coa “suficiente antelación” (un día antes do peche do curso), non fora a ser que “se destapase a caixa dos tronos” as bondades do “axuste ou reordenación educativa” para o vindeiro curso 2012-2013, consistente básicamente en levar a cabo unha reducción da plantilla do persoal docente, pasando de 8 profesores a 2 mais outro de carácter “itinerante” e agrupando en duas aulas respectivamente os alumnos de infantil e de primaria coma hai anos (coas consecuencias negativas que iso conleva), quedando sin profesorado adscrito en materias coma música e educación física. Todo isto faise “supostamente” polos recortes necesarios derivados das dificultades económicas actuais pero eso sí “garantese o funcionamento do centro”, coma sen non houbese onde recortar sin tocar algo no que nos xogamos o futuro do noso pobo como é a educación dos nosos fillos, sí a educación dos que terán que arranxar nun futuro a desfeita.
Pero ¿cómo se pode facer semellante recorte, sin avisar debidamente en tempo e forma?, e para mais condenando irremediablemente a unha situación de “indixencia educativa” os nosos nenos e nenas, establecendo por riba un agravio comparativo con outros centros da comarca, se nin sequera ter en
conta que a matrícula de alumnos se mantén e incluso podería experimentar aumento. Iso é o que moitos nos preguntamos, e, por mais voltas que lle deamos solo cabe a explicación da aplicación dunha “sentenza” que, esperemos, non sexa “de morte”.
¿Cara onde imos?, ¿qué cabe esperar?…………..,
ANPA do CEIP de San Cosme de Barreiros


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



