XVII XORNADAS DE HISTORIA LOCAL DO CONCELLO DE FOZ.
Comotódolos veráns a Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza as súas xornadas de historia local do concello de Foz.
Estas XVII Xornadas comezarán o día 30 de xullo ás 20.30 na Casa da Cultura do Concello de Foz e continuarán os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto.
Convidamos a tódos aqueles que queiran aprender un pouco máis da nosa historia a que se acheguen á citada Casa da Cultura do concello de Foz.
Tódolos actos organizados pola Asociación Cultural A Pomba do Arco son abertos ao público en xeral e gratuitos.
Nesta XVII xornadas imos contar con:
Luns 30, xullo.
Xoán Ramón Fernández Pacios. Pobos foráneos na Mariña Lucense.
Xoán Ramón é licenciado pola USC, especialista no Camiño de Santiago en concreto nos Camiños Norte e do Mar, que percorre a Mariña de Lugo. Ten varios libros publicados sobre o tema como son Hospitalidade e peregrinación no Camiño Norte ou O Camiño de Santiago na Mariña Lucense e o máis recente O Camiño do Mar. Ademais ten publicados outros libros como San Gonzalo, bispo mindoniense, Historia do concello de Foz ou A guerra contra o francés no Viveiro de 1809.
Xoán Ramón é presidente da Asociación A Pomba do Arco e realiza o seu traballo no Centro de Interpretación do Camiño Norte de Mondoñedo.
A conferencia vai tratar da presenza histórica de pobos chegados de fóra na nosa mariña. Falaranos da presenza dos Suevos, Bretóns e o seu asentamento na localidade de Bretoña, da presenza de grupos de musulmáns, das distintas chegadas de normandos e da figura de San Gonzalo así como a presenza documentada de franceses, portuxeses e irlandeses.
Martes 31, xullo.
Xurxo Ayán Vila. Os castros mariñáns segundo as novas investigacións.
Xurxo nace en Lugo no ano 1976 é doutor pola USC, arqueólogo e investigador no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, membro da Asociación Europea de Arqueólogos, especialista en Etnoarqueoloxía e na arqueoloxía da Idade do Ferro.
Ten realizadas múltiples excavacións así como dirixidas outras tantas entre as que destacamos as de Neixón, Montealegre ou a Lanzada.
Na conferencia vainos falar do mundo dos castros mariñáns segundo as novas investigacións arqueolóxicas. Tamén falará de como no XIX as escavacións tiñan un forte compoñente ideolóxico e político. Demostrará que o mundo do ferro na Mariña era moito máis complexo e tiña moitas máis relacións económicas das que se nos dixeron.
Mércores 1 agosto.
Xosé Carlos Breixo Rodríguez. A orixe familiar do mariscal Pardo de Cela.
Xosé Carlos é un dos xenealoxistas máis destacados da Mariña do Ortegal aínda que os seus traballos recollan apelidos de todo o norte Galego. Autor de varios libros como Historia de Ortigueira, colabora con varias publicacións como son Estudios Mindonienses, Cátedra en a revista Eume entre outras, tamén podemos velos eu traballo nos blogs Xenealoxías do Ortegal, Amicus ou mundohistoria.
Na conferencia vai facer un repaso historiográfico dos Aguiar, dos Pardo, dos Montenegro e dos Bolaño e as súas relacións ca Mariña entre os séculos XIII e XV. Demostrará que o corpo do Mariscal non descansa na catedral de Mondoñedo senón que foi trasladado ao mosteiro franciscano de Viveiro onde estaba soterrado seu bisavó. Fará un percorrido polos parentes do mariscal, das posesións territoriais deste así como da traizón dos Ribadeneira.
Xoves 2 agosto.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Seres míticos e fantásticos na Mariña de Lugo.
Xoán Ramiro Cuba, nado en Lugo no 1958, actualmente traballa como funcionario da Deputació de Lugo como responsable de publicacións. No ano 1992 crea con outros investigadores o Equipo de Investigación Etonográfica Chaira é autor de libros como A fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004) tamén e en xuntanza con Antonio Reigosa e Xose Miranda escribiron 13 libros publicados por Edicións Xerais, entre os que destacamos o Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000).
Na conferencia vaise facer un percorrido polo mundo mítico a través dalgúns dos seres presentes na tradición oral da Mariña: mouros e mouras, cidades asolagadas, encantos e encantamentos, cóbregas, sereas, baleas, a emoción ciprianilla dos tesouros escusados, os romances da Lebre e outros entes fabulosos das lendas e mitos mariñaos.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



