O CONCELLO INICIARÁ OS TRÁMITES PARA QUE A ROMERÍA DO MONTE CASTELO SEXA DECLARADA DE INTERÉS TURÍSTICO GALEGO. A XVII EDICIÓN TERÁ LUGAR DO 26 AO 29 DE XULLO.
Burela tramitará que a romaría do Monte Castelo sexa declarada de interese turístico galego
Burela, 2 de xullo de 2012. O Concello iniciará os trámites para que a Romería do Monte Castelo sexa declarada de interés turístico galego. Así o aseguraba o alcalde, José Mª González Barcia, no acto de presentación que tivo lugar esta tarde.
O rexedor considera que “non será fácil, pero ímolo intentar”. González Barcia sinalou que “se trata dunha festa vinculada co medio ambiente, que ten un grande simbolismo para Burela e para os seus veciños. Esta área recreativa fíxose nun proxecto de carácter medioambiental que contemplaba o selado do antigo vertedeiro e a recuperación do mesmo e a execución da devandita área”. A colaboración do Concello con este importante evento, que chega á súa décimosétima edición, céntrase na aportación de medios humáns para contribuir a un correcto desenvolvemento, “e si cabe a posibilidade de colaborar algo máis faráse”.
O alcalde tivo palabras de felicitación para a organización “polo traballo realizado para que a romería se celebre ano tras ano. De feito trátase xa da segunda festa de Burela”. A Romería do Monte Castelo está organizada pola Asociación de Amigos do Monte Castelo e polo Comunidade de Montes en Man Común. Representantes de ambos colectivos presentaron a cita esta tarde, xunto ao rexedor e ás concelleiras de Cultura e Turismo e Servizos Sociais, Mónica Pedre e Diana Durán, respectivamente. A XVII Romería do Monte Castelo terá lugar do 26 ao 29 de xullo.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



