O pasado martes día 03 de xullo tiveron lugar os exames finais e clausura oficial do curso de “Bienestar Animal” organizado polo Concello de Lourenzá e impartido pola Asociación Agraria Xóvenes Agricultores (Asaja Galicia), dende o día 20 de xuño ao 03 de xullo de 2012, cunha duración de 30 horas e financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o FSE, no marco do Programa Plurirexional do Sector Agroalimentario e do mundo rural, dacordo coa Orde ARM/787/2009 (Convocatoria 2012). Este venres día 06 de xullo celebrouse a cea de despedida na que participaron a maioría dos alumnos asistentes ao curso e donde se fixo entrega dos diplomas acreditativos. Dende o Concello espérase poder voltar a ofrecer máis cursos en futuras edicións.












No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



