A MAIOR PARTE DAS ACTIVIDADES DA AXENDA CULTURAL DESTE TRIMESTRE SON GRATUITAS “PARA QUE TODO O MUNDO POIDA DISFRUTAR DELAS”, SEGUNDO EXPLICOU ESTA MAÑÁ MARILUZ ÁLVAREZ LASTRA. DANZA NA RÚA, TEATRO, MÚSICA E EXPOSICIÓNS SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS PARA AS VINDEIRAS SEMANAS.
Ribadeo, 6 de xullo de 2012. Comeza a programación cultural de verán do Concello de Ribadeo. Exposicións, música e teatro centran esta primeira fin de semana do mes de xullo. A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, anima á xente a disfrutar das diversas actividades previstas para estes días.
Na presentación da programación cultural deste trimentre a edil nacionalista sinalou que “como ven sendo habitual ao longo dos últimos anos imos facer atractiva a nosa programación cultural, trátase de potenciar o sector hostaleiro e do comercio para que a xente á nosa vila. Ese é a intención coa que facemos a programación cultural todo o ano, pero en especial na época estival”.
Álvarez Lastra dixo que “tendo en conta os tempos nos que estamos é unha programación acaída aos medios económicos cos que contamos, pero dunha calidade excepcional ao igual que nos últimos anos e a maior parte das actividades serán gratuitas para que todo o mundo poida disfrutar delas. Quixéramos facer máis actividades ao aire libre, pero debido aos medios técnicos que iso supón estarán máis concentradas no entorno do Cine Teatro e no auditorio municipal Hernán Naval”.
A concelleira de Cultura anunciou que ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro “haberá danza na rúa, teatro, música, actividades para os máis pequenos, etc. Convidamos a todos os que desexen coñecer máis desta programación cultural a que a vexan nos paneis informativos ou que se fagan coas axendas culturais que atoparán nas dependencias municipais e nos locais hostaleiros de Ribadeo. A axenda está adicada a Xavier Rodríguez Baixeras, ao que homenaxeamos hai pouco, entón nela van atopar unha serie de poemas deste escritor ribadense”.
Mariluz Álvarez Lastra subliñou que “a axenda cultural deste trimestre arrinca forte esta fin de semana. Ata o 13 de xullo estará aberta ao público no forte San Damián unha exposición de maquetas de Alfredo Sánchez e tamén temos exposicións nas dúas oficinas de turismo. Sonda Norte tamén ten moitas actividades esta fin de semana, tanto o venres coma o sábado. Na Escola de Música estáse a celebrar estes días un curso de jazz e o domingo ás 20 horas nas Catro Rúas ofrecerán o seu concerto de clausura ao aire libre, si o tempo o permite, e ás 21 horas o teatro La Barraca, que leva varios anos visitando Ribadeo, porá en escea a obra Los bobos de colegio de Lope de Vega. A entrada é totalmente de balde co que convidamos a todas as persoas que o desexen desde visitar exposicións, acudir a actuacións de música ou ver teatro que disfruten con nós e da axenda cultural que iremos desgranando”.
Na axenda cultural de verán de Ribadeo non faltarán o Festival Internacional de Música Clásica, que organiza a Fundación Eo Clásica; a Mostra Folclórica Internacional; a mostra de teatro Daniel Cortezón, que acollerá a estrea da montaxe do grupo de teatro de Ribadeo; Mariñarte; e citas estritamente festivas e fixas todos os veráns son a festa da percebe de Rinlo, a carne ao caldeiro de Remourelle, a xira de Santa Cruz e este ano nace a recreación do traballo da malla nas Anzas, organizada pola asociación de veciños e veciñas.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



