O programa de actos da cita coas patronais desenvolverase na Península da Paz en seis días, do 11 ao 16 de xullo
O PRESTIXIOSO DOUTOR PEDRO GUILLÉN, EXPERTO EN MEDICINA DEPORTIVA, PREGOARÁ AS FESTAS DO CARME DE SAN CIPRIÁN
O domingo 15 e luns 16 haberá sesión vermú e verbenas á noite coa participación das orquestras ABANICO, FOLIADA e NUEVA GENERACIÓN.
O sábado 14 será o día do neno e da xuventude, con xogos infantís gratuítos na praza dos Campos e unha noite xoven a cargo da orquestra AEPRICAN TOP e da disco-móbil DECIBELIOS.
Un ano máis a cita co teatro correrá a cargo dos grupos O Bordelo e Ardora que interpretarán no auditorio da Casa da Cultura as súas obras Fume de Carozo e Acernos.
A ofrenda floral ás xentes do mar correará a cargo dun veciño de San Ciprián e mariñeiro, Antonio Fernández Fernández.
San Ciprián, 06 de xullo de 2012.- Os integrantes da Comisión de Festas do Carme e Maruxaina 2012 de San Ciprián veñen de presentar publicamente o programa de actos da súa cita coas patronais que se desenvolverá na Península da Paz durante seis días, do 11 ao 16 de xullo.
Neste ocasión será o doutor PEDRO GUILLÉN, prestixioso traumatólogo, quen pregoará as festas na honra da Virxe do Carme. O pregón terá lugar o sábado 14 de xullo a partir das 21 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
Ese mesmo sábado “día do neno e da xuventude” está previsto que comece, a primeira hora da tarde, con diversos espectáculos para os máis novos, como son a festa da espuma e xogos infantís que sen custe algún para os participantes farán as delicias dos nenos que se achegan ata a praza dos campos. Á noite será a quenda da música xuvenil a cargo da orquestra AMERICAN TOP e a disco-móbil DECIBELIOS.
VERBENA E SESIÓN VERMÚ NOS DÍAS GRANDES
Nesta ocasión só os días grandes –domingo 15 e luns 16 de xullo- terán verbenas na noite pero o programa inclúe tamén sesión vermú sobre as 14h. Os espectáculos musicais correrán a cargo das orquestras ABANICO (día 16), NUEVA GENERACIÓN e FOLIADA (día 15).
TEATRO E MÚSICA CORAL
As festas arrancan o mércores 11 e xoves 12 con teatro. O primeiro día será o grupo O Bordelo de Cervo que interpretará a obra Fume de Carozo e un día despois serán as integrantes do grupo sancibrense Ardora as que estrearán a obra Acernos. O venres día 13, será a coral Terra Mar e a coral de Barreiros quen ofreza o seu espectáculo musical. Todas estas citas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
OFRENDA MARIÑEIRA A CARGO DE ANTONIO FERÁNDEZ
A cita coas festas na honra da Virxe do Carme inclúen as tradicionais procesións, e misas, o domingo 15 na igrexa de Lieiro e o luns 16 no porto. Á imaxe da patroa dos mariñeiros estará acompañada polas de San Andrés e San Ciprián. O domingo a partir das 10h se confeccionará –para o que piden a axuda e apoio dos veciños- unha alfombra floral na praza do Lugar.
Nesta ocasión a ofrenda floral na honra dos náufragos correrá a cargo do mariñeiro ANTONIO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, veciño de San Ciprián e vinculado ao mundo do mar.
Desde a comisión de festexos agradecen a colaboración de veciños, comercios, hostalería e empresas que coa súa axuda fan posible a organización deste programa, así como das institucións públicas que colaboran. Sinalan que aínda que son tempos difíciles, pola situación económica feito que esixe un programa austero están seguros de que coa implicación de todos poderase compartir momentos de alegría e diversión con amigos e familiares
PREGOEIRO
O doutor Pedro Guillén García está considerado como un dos maiores especialistas en medicina deportiva do mundo, labor que foi recoñecida, entre outras moitas institucións, polo Comité Olímpico Español que o propuxo como candidato ao premio Príncipe de Asturias.Actualmente dirixe o departamento de Traumatoloxía, Ortopedia e Medicina Deportiva da clínica CEMTRO de Madrid. Nesta unidade realízase o diagnostico e tratamento das lesións no xeonllo cun alto grao de cualificación e preparación.
Tratou a numerosos personaxes públicos, entre os que se inclúen políticos como José María Aznar, escritores como Camilo José Cela e deportistas como Emilio Butragueño, Míchel, Donato, Fernando Torres, Antonio Peñalver, Estíbaliz Martínez ou Ronsel Giménez.
A súa vinculación con San Ciprián ten que ver tamén coa súa faceta profesional xa que como experto traumatólogo tratou múltiples lesións a traballadores e persoal da multinacional Alcoa. Polas súas experimentadas e destras mans pasaron os xeonllos máis valiosos de España e parte do estranxeiro, pero como sabemos moi ben en San Ciprián, o doutor Guillén non só opera a futbolistas, toureiros e atletas. Co mesmo empeño e agarimo que repara os ósos dunha estrela do Madrid ou o Atleti, este especialista en medicina laboral pon no seu sitio as articulacións dun mineiro ou unha anciá que se caeu na rúa.
UN SAÚDO.- A SOMBRIZA
Comisión de Festas do Carme e Maruxaina
Inclúe:
– Fotografía dos integrantes da Comisión de Festas.
– Programa completo
MÉRCORES 11 DE XULLO:
21:30h. Auditorio da Casa da Cultura:
Representación teatral da obra “Fume de Carozo” interpretada polo grupo de teatro O BORDELO de Cervo.
XOVES 12 DE XULLO:
21:30h. Auditorio da Casa da Cultura:
Representación teatral da obra “Acernos” interpretada polo grupo de teatro “ARDORA” de San Ciprián.
VENRES 13 DE XULLO:
21:30h. Auditorio da Casa da Cultura:
Noite de Corais coas actuacións da CORAL TERRA MAR de San Ciprián, e doutros artistas invitados.
SÁBADO 14 DE XULLO: Día do neno e da xuventude:
16:30h. Praza dos Campos e zona da ría: FESTA DA ESPUMA.
17:00h. Praza dos Campos e zona da ría: XOGOS INFANTIS, colchóns, inchables, tobogán acuático, etc.
20:00h Praza dos Campos: degustación de EMPANADAS E BOLOS PREÑADOS con prezos módicos.
21.00h Auditorio da Casa da Cultura: PREGÓN a cargo do doutor PEDRO GUILLÉN, traumatólogo e experto en medicina do deporte.
23:00h NOITE XOVEN a cargo da orquestra AMERICAN TOP e a disco-móbil DECIBELIOS.
DOMINGO 15 DE XULLO: Véspera do Carme:
10:00h Praza do Lugar: dará comezo a confección da ALFOMBRA FLORAL. Agradecemos a axuda de todos os que queiran colaborar nesta actividade.
14.00h Praza dos Campos: SESIÓN VERMÚT a cargo da orquestra FOLIADA
19:00h pasarrúas a cargo dunha banda de Musica patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
21.00h Igrexa Parroquial de Santa María de Lieiro: MISA SOLEMNE cantada pola “CORAL TERRAMAR DE SAN CIPRIÁN”
De seguido Procesión da Virxe do Carme ata o Peirao, acompañados por unha banda de música patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Incorporarase a imaxe de San Andrés diante da súa Capela, farase unha parada na Praza do Lugar, onde se cantará a Salve Mariñeira. Continuará o percorrido, no medio do Ismo sairá a imaxe de San Ciprián para recibir e acompañar á Virxe ata o Porto onde permanecerán ata o seguinte día.
23:30h Praza dos Campos: Gran Verbena amenizada polas orquestras: NUEVA GENERACIÓN E FOLIADA.
LUNS 16 DE XULLO: Día do Carme.
11:00h Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Ourense.
12:00h Explanada do Peirao: MISA SOLEMNE cantada pola “CORAL TERRA MAR DE SAN CIPRIÁN” coa OFRENDA FLORAL na honra os náufragos a cargo de ANTONIO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, mariñeiro.
A continuación Procesión da Virxe do Carme ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, acompañada da Banda de Gaitas de Ourense, formarán parte da procesións ás imaxes de San Ciprián e San Andrés que rematarán o percorrido no Ismo e diante do Museo.
En caso de mal tempo, farase a Ofrenda Floral no porto e, de seguido, a Procesión ata Lieiro coa Misa na Igrexa de Lieiro.
14:00h Praza dos Campos: SESIÓN VERMÚT a cargo da orquestra ABANICO
22:00h Praza dos Campos: Gran Verbena amenizada pola orquestra: ABANICO






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



