O CONCELLEIRO DE MOCIDADE, XAVIER CAMPOS, ANIMA A TODA A XENTE NOVA A DISFRUTAR DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR SONDA NORTE PARA ESTA FIN DE SEMANA.
Ribadeo, 6 de xullo de 2012. A Plataforma Sonda Norte organizou diversas actividades para esta fin de semana en Ribadeo. O concelleiro de Mocidade, Xavier Campos, anima a toda a xente nova a participar neles.
O edil nacionalista sinalou que “temos unha fin de semana intensa de actividades desde a Plataforma Sonda Norte. Comezamos hoxe coa que é a primeira exposición de Sonda Norte, unha exposición colectiva que aglutina a catorce artistas, prácticamente todos mozos e mozas de Ribadeo e dos arredores. Trátase da primeira exposición de ilustración, cómic e banda deseñada. O traballo de coordinación que fixeron Héctor Peña e Ánxela López consistiu nun repaso da historia do cómic e da banda deseñada en Ribadeo desde os tempos de Suso Peña ata os rapaces que hoxe nos institutos están traballando creativamente nese ámbito. A inauguración é as 20 horas na Casa da Xuventude e irá acompañada dalguna pequena actuación musical para darlle máis vigor e mellor participación”.
Campos contou que “mañá pola mañá na Casa da Xuventude faremos unha asamblea de Sonda Norte para repasar os primeiros seis meses desta iniciativa, de todo o traballo desenvolvido, imos valoralo entre todos e todas, e despois imos preparar os meses vindeiros”.
E finalmente o sábado á noite ás 21:15 horas tres artistas de Ribadeo: Víctor Villar, María Justo e Martín Bucki, presentan Ardora, “un espectáculo que une poesía, música e danza e que ten como peculiariade o feito de celebrarse na praia das Illas, algo que está a xerar moita expectación e os que coñecemos parte dos contidos que alí se van presentar convidamos a todos e todas a que se acheguen a este areal porque vai merecer a pena disfrutar desta cita”.
Xavier Campos anima a toda a xente nova de Ribadeo a disfrutar de todas estas propostas de Sonda Norte
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



