CONTRATADOS DO SERGAS TOMAN A DIRECCIÓN DE ENFERMERÍA DO HOSPITAL DA COSTA
Un centenar de rapaces e rapazas eventuais do SERGAS, profesionais, da saúde (enfermaría, auxiliares de enfermaría e celadores) irrompen de forma espontánea na dirección de enfermaría do Hospital da Costa demandando emprego digno e explicacións sobre o escurantismo que rodea ás contratacións o que está a provocar a desesperanza de estes profesionais e un aumento do desemprego na comarca da Mariña.
Ante a marea humana congregada diante do despacho da Directora de Enfermaría Carmen Louzao, e manifestando que non pensaban marchar sen ser escoitados finalmente esta accede a recibilos e convócaos no salón de actos, onde defende a súa xestión, a súa contratación e prognosticando menos contratación e máis paro ante a indignación dos alli presentes.
Esta multitude de profesionais da saúde determinóu continuar con todas as accións que consideren oportunas para defender a sanidade pública, demandar traballo digno para todos e non permitir que os xestores do hospital hipotoquen o seu futuro.