UNHA TREINTENA DE NENOS E NENAS DE DIVERSAS NACIONALIDADES ASISTIRÁN ÁS CLASES DE APOIO ESCOLAR QUE UN ANO MÁIS ORGANIZA A CONCELLARÍA DE SERVIZOS SOCIAIS. O PROGRAMA CONSTRUINDO O VERÁN INCLÚE OBRADOIROS IMPARTIDOS POLO PERSOAL TÉCNICO MUNICIPAL.
Ribadeo, 4 de xullo de 2012. Unha treintena de nenos e nenas de diversas nacionalidades con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos asistirán ás clases de apoio escolar que un ano máis organiza a Concellaría de Saúde e Servizos Sociais. O programa renovado denomínase Construindo o verán e inclúe obradoiros impartidos por persoal técnico municipal. A educadora familiar e dúas mestras voluntarias serán as encargadas de impartir as clases, que darán comezo o vindeiro 9 de xullo nas instalacións da Escola Oficial de Idiomas.
Teresa González explicou que “a tradicional escola de verán que o Servizos Sociais do Concello, dentro do seu programa de educación familiar, desenvolveron ao longo dos últimos anos continúa a súa andaina, pero agora remozada, incorporando novos proxectos”.
O novo programa denomínanse Construindo o verán, “vai tratar con alumnado da zona dos colexios de Ribadeo que presentan dificultades no seu curriculum escolar. O que pretendemos é conciliar a vida laboral e familiar e implicar ás familias nas tarefas educativas. Queremos que os nenos e nenas sexan conscientes que traballando a pouquiños durante estes meses se poden conseguir resultados”.
Unha treintena de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos disfrutarán deste programa, “son de diferentes nacionalidades, ademáis de rapaces de aquí temos nenos do Brasil, Perú, Venezuela, Portugal, Colombia, Chile, etc. Trátase de que reciban un apoio escolar adaptado a cada unha das idades”. A educadora familiar do Concello e dúas mestras voluntarias serán as encargadas de impartir as clases que se desenvolverán de luns a xoves de 11 a 13 horas nas instalacións da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo. Os venres, co mesmo horario, os nenos e as nenas asistirán a diversos obradoiros impartidos polo persoal técnico municipal de turismo, medio ambiente, igualdade, trastornos aditivos e saúde, e desenvolvemento local. A concelleira de Saúde e Servizos Sociais subliñou que “ditos obradoiros se adaptarán a cada una das idades. Abordaránse cuestións coma técnicas de grupo para traballar a autoestima, técnicas de estudo, estereotipos sexistas na publicidade e nas redes sociais, rutas polo casco vello e polo sendeiro azul. O que se fará é optimizar os recursos que temos no Concello e como novidade este ano contamos con dúas mestras voluntarias que traballarán con nós”. Si algún voluntario máis desexa participar neste programa Construindo o verán o único que ten que facer é dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo.
González Piñeiroa engadiu que “tamén haberá xogos populares e educativos co fin de motivar aos nenos e nenas e que vaian de bó grado”. As clases darán comezo o vindeiro luns, 9 de xullo, e rematarán o 24 de agosto.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



