O BLOGUE RIBADEOMULLER CUMPRE DOUS ANOS EN INTERNET. NESTE TEMPO RECIBIOU PRETO DE 12.000 VISITAS. O OBXECTIVO É FACELO MÁIS DINÁMICO E INTERACTIVO.
Ribadeo, 27 de xullo de 2012. O blogue Ribadeomuller cumpre dous anos. Desde o Centro de Información ás Mulleres sinalan que “levamos dous anos de andaina nas redes, máis de setecentos días creando, difundindo, reivindicando, enraizando e visibilizando espazos aillados, ocultados e silenciados”.
O Ribadeomuller está de aniversario, fai dous anos do seu nacemento, da posta en marcha deste recurso dixital para substituír dalgunha forma o Ribadeomuller en papel, imposible de soster nunha área xa en permanente crise antes de que estalara o boom da especulación financieira e económica que está a derrubar o erguido nos últimos tempos.
Explican desde o CIM que “desde aquel ano 2005 no que decidimos crear un boletín para difundir e publicitar as accións e iniciativas que se facían desde o Concello na área de igualdade, noutros puntos da xeografía galega e do resto do mundo a era dixital deu grandes pasos e instalouse case de forma perpetua e como un recurso cuase necesario e imprescindible nas nosas vidas. Froito desa adaptación e de circunstancias extemporáneas naceu este recurso dixital, este blogue informativo do qué acontece no noso Concello no ámbito da igualdade”.
E engaden que “este blogue Ribadeomuller vai moito máis alá. Con el dámoslle difusión ás nosas inicativas e proxectos, e a outros proxectos da contorna. E neste último ano fumos incorporando novos elementos para facelo máis atraínte. Así facemos todos os meses unha suxerencia sobre unha lectura en calquer xénero, comenzamos tamén a desenvolver entrevistas ás persoas protagonistas dos proxectos e iremos incorporando pouco a pouco novos apartados. Porque o blogue Ribadeomuller vai medrando co pasar dos días, non se estanca, non se oxida… vai reinventándose”.
O blogue leva un total de 11.686 visitas. “Con respecto ao ano pasado a estas alturas levamos medio millar de visitas máis. Imos lentamente pero avanzando”, din desde o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo.
“Dous ou tres post á semán ven a ser a nosa media informativa. Sigue fallándonos a participación, xa que quixeramos facer algo máis dinámico, máis interactivo. Seguiremos na súa procura. Este ano a Concellaría de Igualdade, a iniciativa da Concellaría de Novas Tecnoloxias, creou uns perfís propios nas redes sociais, tanto no Facebook como no Twiter, contribuíndo así a unha maior difusión do Ribadeomuller”, contan desde o CIM.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



