O BNG DE FOZ VE IMPRESENTABLE QUE AS PRAIAS AÍNDA ESTEAN SEN SOCORRISTAS
“Ao PP non lle importa o perigo que conleva que as praias estean sen vixiancia”.
“O BNG pide que o Concello contrate a máis xente se é necesaria”
Foz a 6 de xullo de 2012. – O BNG de Foz critica o retraso por parte do PP á hora de contratar os servizos de vixiancia e atención sanitaria para as praias. Ao día de hoxe só está dotada de socorristas a praia da Rapadoira estando todas as demais aínda sen socorristas nin sanitarios.
As praias deberían estar xa todas con vixiancia a estas alturas
Para o BNG esta situación de falta de socorristas e sanitarios nas nosas praias é tremendamente grave pois xa desde o pasado mes hai moitas persoas que acoden cos nenos e nenas á praia para pasear, tomara o sol e bañarse xunto con rapaces e rapazas que están de vacacións xa. Isto supón que poida ocorrer algunha urxencia ou situacións de perigo ou de risco para a saúde das persoas. Por iso é imprescindible que as praias conten con persoas preparadas e capacitadas para afrontar este tipo de situacións que a maioría da xente non sabe como actuar.
O BNG pide que se limpen as praias e que se abran os urinarios ao público
Para o BNG tamén é urxente que comecen os servizos de limpeza nas praias pois durante este tempo non parece que o goberno municipal estea moi preocupado do estado no que están se exceptuamos a Rapadoira. Así mesmo, moitas persoas se queixan de que os servizos de urinarios públicos das praias non estean xa abertos. Isto da idea dunha falta de planificación por parte do goberno municipal moi grande así como dunha inconsciencia total.
Os recortes da Xunta en materia de seguridade nas praias son unha temeridade
Os gobernos do PP – no Estado e na Xunta- para este ano reduciu considerablemente as axudas para a contratación de socorristas e auxiliares sanitarios, calculado nun 54 % aproximadamente. Isto suporá máis de 4.000 empregos menos en Galicia pero sobre todo máis perigo nas nosas praias. En Foz xa o ano pasado se reduciu persoal para estes servizos e tamén se reduciu o número de días. O ano pasado contrataronse 20 socorristas e este ano polas previsións só se contratarán 15 ou 16. Antes do ano pasado o servizo de vixiancia de praias duraba ata o 15 de setembro pero o ano pasado xa rematara unha semana antes e algunhas praias quedaron sen socorristas a principios de setembro. E este ano ao paso que imos nin iso, porque ao día de hoxe aínda todas as praias, menos a Rapadoira, están sen socorristas.
“É moi bonito vir a entregar bandeiras azuis a Foz para as praias como fixo Feijoo e logo recortar máis do 50% as axudas para manter a calidade e os servizos desas mesmas praias” afirma o portavoz do grupo municipal do BNG, Xan Carlos González Basanta.
Para o BNG esta situación é grave posto os recortes do PP significa unha menos e pior vixiancia nas praias, é dicir, que as praias van a estar peor atendidas que noutros anos e durante menos tempo. “Realmente é moi grave que o PP na súa política de austeridade chegue a reducir en prevención de accidentes nas nosas praias xogando coa vida das persoas”.
O BNG de Foz insta ao Goberno Municipal que contrate a máis persoas para o servizo de vixiancia se non foran suficientes co fin de que as nosas praias sexan máis seguras e durante máis tempo. Isto é un deber de todo goberno pero tamén unha forma de promocionar as nosas praias e de mellorar a súa calidade para goce dos da casa e dos foráneos.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



