A SITUACIÓN DAS PRAIAS BARREIRENSES É UNHA CONSECUENCIA MÁIS DA MALA XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL. OS NACIONALISTAS SINALAN QUE O DESPILFARRO DO DIÑEIRO E A FALLA DE PREVISIÓN TEÑEN COMO CONSECUENCIA QUE NESTE MOMENTO BARREIROS SEXA UN DOS CONCELLOS MÁIS ENDEBEDADOS DA PROVINCIA E QUE NON ATENDA ÁS NECESIDADES MUNICIPAIS.
Barreiros, 5 de xullo de 2012. O BNG de Barreiros explica que “a situación na que están os areais de Barreiros non é distinta da que ten o resto do concello, un total abandono, consecuencia da mala xestión que leva facendo o goberno municipal nos últimos anos”.
Os nacionalistas insisten en que “o problema de falla de persoal (socorristas, persoal de limpeza, etc), que conleva o mal estado das praias, non é debido á situación económica, como pretende xustificar o alcalde, xa que neste caso os fondos da Xunta mantéñense e quen non asume as súas obrigas é o propio Concello.” Para o BNG “isto demostra que a xestión que se fixo nestes anos en Barreiros foi sen ningún tipo de control, sen previsión ningunha e sen atender a criterios obxectivos de necesidades reais, senón a outros intereses”.
Os nacionalistas consideran que “non é de recibo que Barreiros estea nesta situación, xa que durante os anos 2006 e 2007 ingresáronse grandes cantidades de diñeiro neste Concello que se esfumaron, porque non se fixo nin un só investimento municipal. Foron cerca de 3 millóns de euros que se malgastaron en lugar de facer unha previsión e unha xestión pensando no futuro. Se a xestión fora adecuada á realidade do concello, neste momento Barreiros tería unha situación envidiable”. A portavoz do BNG en Barreiros, Ana Ermida, dixo que “o que se estivo facendo co diñeiro deste Concello durante os últimos anos foi un auténtico despilfarro, xa que se usou para contratar persoas en épocas eleitorais, tal e como se explicou recentemente nun pleno: os picos máis altos, con maior persoal contratado no Concello de Barreiros, coincidían exactamente en anos eleitorais, especialmente coas eleccións municipais”.
Para o BNG “no caso dos socorristas, o Concello de Barreiros non contrata a ninguén como consecuencia do plan de axuste que aprobaron para pagar as débedas derivadas da súa mala xestió. E o mesmo acontece co persoal de limpeza das praias, non hai persoas destinadas a esta función e os areais e as zonas do arredor están nun estado lamentable”.
Desde o Bloque Nacionalista Galego lamentan que “nesta ocasión Alfonso Fuente non sexa tan autocrítico como crítico foi no ano 2004, cando se manifestou publicamente en contra de que se izaran as bandeiras azuis polo, segundo o seu parecer, mal estado dos areais. Lamentan que teña tan pouca memoria e que agora pretenda xustificarse, con disculpas de mal pagador, cando naquel momento non dubidou en denunciar publicamente a situación”.
Ana Ermida engadiu que “o problema non é se as praias teñen ou non teñen a bandeira azul, se non que o goberno municipal está desatendendo as necesidades do concello e tamén desaproveitando o potencial turístico que ten a costa barreirense. O que non é normal é que, por un lado se venda Barreiros como destino turístico e, por outro se desatenda o mantemento das praias, das zonas de recreo, dos camiños, o servizo de recollida de lixo, etc. Non se entende que se pretenda dar servizos á xente que virá de fóra cando nin sequera se atende a dar servizo ás persoas que xa están en Barreiros”.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



