ESTE SABADO 28 DE XULLO DISPUTARASE A III BAIXADA DE LONGSKATE NO FARO DE SAN CIPRIAN,ORGANIZA O CLUBE LIMOSA SURF COA COLABORACION DO CONCELLO CERVO, DA DIPUTACION DE LUGO, A TENDA DE SKATE XEMELGOS E A MARCA GALEGA STATIC CODE , A ASOCIACION DE COMERCIANTES DE SAN CIPRIAN,ADEMAIS DOS BARES: O PEDREGAL, A SOMBRIZA,PUB BRUNOS,PUB URBAN E RTE BUENA VISTA.
A BAIXADA EMPEZARA NA PENDENTE DO FARO :AS 16:30 DA TARDE COS ENTRENAMENTOS E A PARTIR DAS 17:30 COMENZARAN AS PRIMEIRAS CARREIRAS DA BAIXADA
E XA POLA NOITE NA PRAZA DOS CAMPOS A PARTIR DAS 22:00 HORAS HABERA EXIBICION DE FREE STYLE MAIS A ENTREGA DOS TROFEOS,PREMIOS E AGASALLOS COA MUSICA DE DJ.CAIXA,DJ. ICE E DJ.CHIWY .
OS PREMIOS SERAN: PARA O PRIMEIRO CLASIFICADO UN LONGSKATE E ROUPA PARA OS MELLORES,SORTEO E MAIS SORPRESAS…
——————–
Cervo presenta a III Baixada de Longskate que partirá do faro de San Ciprián
-Todas as persoas que desexen participar só teñen que achegarse o sábado a partir das 16:30 ao faro da vila
Cervo, 26 de xullo de 2012-A terceira Baixada de Longskate dende o faro de San Ciprián que organiza o Club Limosa Surf coa colaboración do Concello de Cervo xa ten data. Será este sábado, a partir das 17:30 horas, cando comezará a baixada. Unha hora antes, ás 16:30 horas, as persoas participantes iniciarán o adestramento.
O programa desta actividade presentouse hoxe, e ao acto acudiron a edil de Deportes, Yolanda Pedreira, a edil de Xuventude, Tania González, e dous membros do Club Limosa Surf, Fernando Fra e Carlos Rodríguez Pla. Unha cita que conta con varios eventos e localizacións. Pola tarde, na pendente do faro, desenvolverase un descenso duns 400 metros de distancia, que rematará na zona de Cubelas. Os tres participantes máis rápidos recibirán trofeos e premios. Unha baixada na que é moi importante a habilidade e a técnica sobre o skate, aínda que tamén son determinantes as freadas ou como collan as curvas os skaters.
As actividades continuarán pola noite, neste caso na praza dos Campos, onde se practicará longskate na modalidade de freestyle, é dicir, en estilo libre. Nesta competición un xurado valorará os trucos e as acrobacias dos participantes e elixirá os mellores, que tamén levarán premio. As demostracións e a entrega de premios estarán amenizadas pola música de Dj Caixa, Dj Ice e Dj Chiwy, que serán os encargados de seguir coa festa durante a noite. En todos os casos, tanto no descenso como no freestyle, é imprescindible utilizar equipamento de protección e seguridade.
Dende o Concello, a edil de Xuventude Tania González, anima “a participar a todas as persoas que practiquen longskate e que teñan habilidade nesta disciplina”. A edil explica que “a zona do faro reúne todas as condicións necesarias para facer un descenso destas características e a praza dos Campos é o escenario ideal para as demostracións acrobáticas”. Así, González agarda que o evento “teña unha boa acollida e que encha de ritmo e movemento a vila de San Ciprián”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
