O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destaca a “tripla dimensión” social, laboral e política desta iniciativa
Rueda avanza que a Xunta investirá 10,5 m€ para obradoiros de emprego que beneficiarán a máis de 1.300 persoas con especiais dificultades de inserción laboral
Salienta que esta iniciativa beneficiará especialmente a persoas desempregadas que teñan esgotadas as prestacións e subsidios, a mulleres vítimas de violencia de xénero, mozos e mozas menores de 30 anos, a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, parados de longa duración, maiores de 45 anos, ou aquelas que carezan de título universitario ou de FP superior
Apunta que se trata dunha medida encamiñada tamén a favorecer a cooperación municipal, posto que dará prioridade ás solicitudes, que poderán ser conxuntas, daqueles concellos que superen os 500 desempregados
Sinala que os participantes nestes obradoiros disporán dun contrato de traballo e un salario mentres dure o proceso de formación
Santiago, 19 de xullo de 2012.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Goberno galego investirá un total de 10,5 millóns de euros, entre 2012 e 2013, para a posta en marcha de obradoiros de emprego que beneficiarán a máis de 1.300 persoas con especiais dificultades de inserción laboral. Así o anunciou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, que hoxe presidiu en ausencia do xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.
O Consello da Xunta autorizou hoxe esta orde de axudas que se inclúe dentro das diversas medidas do Goberno autonómico destinadas a mellorar a empregabilidade nos concellos galegos. En concreto, apuntou que estes programas combinan a formación cun traballo efectivo, xa que os beneficiarios disporán dun contrato de traballo e un salario durante a súa participación nesta actividade.
O conselleiro indicou que poderán optar a estas axudas, como entidades promotoras dos obradoiros, tanto as entidades locais como os seus organismos que teñan competencias na promoción de emprego, os consorcios, e que “os criterios de selección dos proxectos serán os criterios de discriminación positiva recollidos nos plans Impulsa Lugo e Ourense”.
Beneficiarios preferentes
En canto aos beneficiarios, Rueda sinalou que “van ser desempregados, cunha especial preferencia para colectivos que presentan especiais dificultades de inserción laboral”. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza fixo referencia a mozos e mozas menores de trinta anos, mulleres en xeral e vítimas de violencia de xénero, persoal traballador que esgotou as prestacións e os subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos e menores de 55 anos, persoas que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior, persoas con discapacidade, e pertencentes a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social.
Dimensión laboral, social e política
Rueda resaltou a tripla función dos obradoiros e fixo alusión á función “laboral, social e política” que a Xunta aborda con esta iniciativa, e indicou que “se lles esixirá un compromiso aos concellos de procurar a inserción laboral de, polo menos, o 10 por cento das persoas que se acollan á actividade do obradoiro de emprego”.
Por outra banda, o aspecto social da iniciativa baséase nas propias actividades que se desenvolverán nos obradoiros, que serán, dixo, “prestacións de servizos de interese xeral e social” que permitirán a mellora das dotacións públicas.
Por último, Alfonso Rueda aludiu ao matiz político que albergan os obradoiros de emprego, en canto que a iniciativa favorece á política de cooperación municipal, xa que “terán preferencia as solicitudes de concellos onde se supere o número de 500 desempregados e, se non chegaran a este número individualmente, poderán asociarse”, aclarou o conselleiro.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



